O Concello de Parada exaltará a castaña no Salón Xantar

O Consello de Parada de Sil participará un ano máis no salón gastronómico Xantar, que se celebra en Ourense entre os días 5 e 8 de febreiro, e fará especial fincapé la promoción de productos relacionados coa castaña.

A organización do certame gastronómico, que ten lugar no recinto feiral de Expourense, programou que o día 7 será o adicado a Parada de Sil e nesa data, o restaurante que representará ó Concello servirá aperitivos elaborados con castaña, como castañas bravas, tostas de marmelada de castaña, croquetas de castaña e langostinos, acompañados do viño da Ribeira Sacra, especialmente das adegas que se atopan ubicadas neste Concello.

Ese mesmo día, ás 12,00 horas, no contexto do certame Xantar terá lugar tamén a presentación dun libro, do que é autora Mercedes Martínez, titulado 'Viaxe dende os cantís á memoria, guía libre para entender Parada de Sil'. A obra, que conta con fotografías de Xoel Gómez, será presentada pola actriz, xornalista e filla do concello de Parada de Sil Gloria Ferreiro.

Asimesmo, ás 17,30 horas dese mesmo día 7 de febreiro, na aula de cata, a sumillier María José Yravedra dirixirá una cata de viños da súa adega, Ronsel do Sil, que está ubicada en Parada de Sil.

Te puede interesar