INTEGRACIÓN

O Concello de Verín contratará a dúas vítimas de violencia de xénero

Formalización de la contratación de ambas mujeres.
photo_camera La edil Rosario Rodríguez y Lorena Álvarez, directora del CIM.
As mulleres realizarán tarefas de limpeza municipal durante nove meses

O Concello de Verín contratará a dúas mulleres vítimas de violencia de xénero para realizar tarefas de limpeza municipal durante un prazo de nove meses. Esta incorporación será posible grazas a unha achega realizada pola Consellería de Presidencia e da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia no marco das subvencións destinadas ao fomento da contratación de mulleres que padecen esta lacra. 

O obxectivo do Concello de Verín é acadar unha integración plena destas mulleres buscando dotalas dunha maior autonomía a través da independencia económica. "Iniciativas coma estas permítenos completar as intervencións que se realizan desde a área de Servizos Sociais do Concello e desde o CIM da Mancomunidade de Verín, xa que temos constancia que cando estas mulleres conseguen o primeiro emprego, relativamente estable, entran no mercado laboral, logrando así unha mellora radical das súas vidas", salientou Rosario Rodríguez, concelleira de Recursos Humanos e Réxime Interior.

A iniciativa é posible grazas a unha achega realizada pola consellería de presidencia e a secretaría de igualdade

Por outra banda, a concelleira verinesa quixo loubar "esta oportunidade que nos brinda aos Concellos a Secretaría Xeral de Igualdade para poñer en marcha unha vía de saída e posibilitar a introdución  no mercado laboral das mulleres que sofren esta lacra social, non pode pasarnos de largo, hai que aproveitala, como decidimos facelo en Verín. E unha mágoa que os Concellos lindantes non o fixeran, salvo Monterrei que tamén formalizou unha contratación", engadiu a edil local.

Pola súa parte, a directora do Centro de Información á Muller de Verín, Lorena Álvarez, considera que a inserción laboral é a ponte definitiva para a recuperación integral das persoas que sufriron violencia. "Existen diferentes barreiras que separan as nosas usuarias da completa integración social na nosa contorna, e unha delas é o desemprego", asegurou a directora do organismo.

Te puede interesar