PHOTOCALL

Concienciación contra os lumes

Vilardevós 23/5/18
Actividad prevención incendios en el colegio de Vilardevós

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Escolares de Cenlle e Maside viaxaron ata o CEIP de Vilardevós para participar nunha xornada de concienciación contra os lumes que arrasaron parte do municipio.

Na activiade participaron preto de 200 personas

Preto de 200 persoas, entre escolares, profesores, convidados e representantes públicos citáronse no CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós, primeiro; e na Cidadella, despois, para participar nunha xornada de concienciación contra os lumes que recentemente arrasaron parte do municipio. 

A primeira das citas, foi no propio colexio ao que acudiron como convidados especiais escolares do CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle e do CPI de Maside. Alí visionaron o documental "Como me fai sentir o lume", guionizado pola directora do centro anfitrión, Rochi Nóvoa e gravado polo cineasta galego Xosé Bocixa, co que se procuraba concienciar da traxedia que rodea cada ano aos lumes. Con moitos aplausos, así rematou a proxección que a bo seguro non deixou a ninguén indiferente. 

Minutos despois todos os escolares cos profesores remataron a xornada cunha excursión pola fervenza da Cidadella, onde xantaron ao aire libre e gozaron dun inchables.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma