UNIVERSIDAD

O concurso Youtubeir@s abre a súa cuarta edición

Entrega de premios da pasada edición do concurso.
photo_camera Entrega de premios da pasada edición do concurso.

A cuarta edición do concurso Youtubeir@s acaba de abrir o prazo de inscripción para que as persoas interesadas participen aportando as súas creacións audiovisuais. Ata o 23 de outubro, poderanse inscribir os vídeos e canles neste certame, convocado dende as tres universidades galegas, os servizos de normalización lingüística de dez concellos galegos e a Deputación da Coruña, baixo o lema "Expandir a rede". 

O obxectivo é, por unha banda, animar a creación audiovisual en galego e, por outra, darlle visibilidade á propia comunidade creadora. Este ano, ademais, incrementouse en 1.000 euros a dotación económica dos galardóns, acadándose a cifra de 7.500 euros en premios, cantidade a repartir entre os 12 traballos gañadores. Os galardóns recoñecerán a mellor canle, o mellor youtubeiro e o mellor vídeo, contando ademais con nove categorías menores dotadas con 500 euros cada unha. O concurso está aberto a maiores de 14 anos con canles ou vídeos en galego, autoproducidos, publicados despois do 27 de setembro de 2019.

Te puede interesar