Sociedade

Coñeces as novas palabras incorporadas no Dicionario da RAG?

A RAG incorpora palabras relacionadas ca pandemia ao dicionario
photo_camera A RAG incorpora palabras relacionadas ca pandemia ao dicionario
Termos como sepse, coronavirus, infodemia ou desconfinamento xa forman parte do Dicionario da Real Academia Galega

A pandemia do coronavirus provocou un cambio no modelo económico e social das personas, modificando a forma de traballar ou mesmo de relacionarse. Os efectos do COVID-19 van máis aló do plano sanitario e chegan ata ao noso vocabulario. Nestes últimos dous meses, os cidadáns introduciron nas súas conversas novos termos, moitos dos cales xa foron recollidos nos dicionarios. 

O Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega (RAG) decidiu incorporar ao seu dicionario palabras como covid-19, coronavirus, teletraballo, desconfinamento ou desescalada. Entre os novos termos destacan aqueles relacionados coa temática sanitaria como asintomático ou sepse, pero tamén xurden novas verbas como infodemia (propagación abundante de información falsa) ou webinario, que explican as novas realidades que trae consigo o coronavirus.

Ademais, dende o pasado 15 de marzo, a RAG rexistrou un récord de visitas, acadando 113.000 búsquedas diarias. Corentena, confinamento, pandemia ou máscara son algunhas das palabras máis buscadas.

Te puede interesar