infraestructuras

O conservatorio de Xinzo contará cun acceso independente

<p></p>
photo_camera O Concello habilitará a entrada no porcha do Conversatorio Profesional de Música.

Ata agora, a entrada ao centro formativo facíase a través da Casa da Cultura

O Concello de Xinzo, a través da concellería de Urbanismo da que é responsable Ricardo Sieiro, investirá preto de 7.000 euros procedentes de fondos propios en habilitar unha entrada independente ao interior do conservatorio. A obra consistirá no peche e acristalamento do porche do centro formativo, ubicado nun dos seus laterais, para convertelo no seu acceso principal.

Segundo informaron dende o Consistorio limiao, a entrada actual -pola praza Carlos Casares e compartida coa Casa da Cultura-non está acondicionada para persoas de movilidade reducida, polo tanto, aproveitarase a zona do porche, na que xa hai habilitada unha rampla de acceso.

Por outra banda, mediante esta intervención, o Concello tratará de poñer fin ao "menudeo e aos actos vandálicos que, ata o de agora, tiñan lugar nesta zona", segundo manifestou o concelleiro de Infraestruturas e Obras, Ricardo Sieiro.

O acceso ao espazo musical habilitarase pola parte esquerda do porche e se prevé acondicionar unha zona de recepción e bancadas para que os pais dos alumnos e alumnas do conservatorio poidan agardalos.

Está previsto que a obra comece, segundo sinalaron dende o Concello, "de forma inminente" e, aproveitando a conxuntura, tamén se acondicionará a praza "para o goce dos veciños e veciñas".


Centro de gran actividade


O conservatorio supera, na actualidade, o centenar de matrículas e foi o escenario escollido para presentar o primeiro curso universitario de Dirección de Banda.

Te puede interesar