Emerxencias

Constituído o grupo de emerxencias de Ourense para mellorar a cobertura provincial

Este grupo abordará as áreas atendidas por cada servizo de emerxencias para determinar a necesidade de axustes, especialmente nas zonas de sombra.

O Grupo de traballo polas emerxencias da provincia de Ourense reuníuse este venres por primeira vez para constituir formalmente este foro, no que están representados a Xunta de Galicia, a Diputación de Ourense e os concellos.

Á xuntaza acudiron  director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Serviu para establecer unha axenda de traballo co obxectivo de mellorar a cobertura en posibles zonas da provincia.

A comarcalización dos parques das cidades e a creación de novos servizos nas zonas de sombra permitirán que ante unha incidencia, se estenda o tempo de resposta de 20 minutos dun 65 a un 90% do territorio e dun 87 a un 95% da poboación da comunidade autónoma.

Te puede interesar