Un convenio vai potenciar visitas turísticas ás minas de Brués

O Concello de Boborás e a Dirección Xeral de Minas colaborarán na realización de visitas guiadas ás explotacións de volframio e arsenopirita existentes nos montes da parroquia de Brués. Este marco de colaboración é froito dun convenio entre a entidade municipal e o organismo dependente do Ministerio de Industria do Estado, que foi aprobado pola Corporación nunha recente sesión plenaria.
O obxectivo deste protocolo é a organización de rutas de sendeirismo polas minas ubicadas na localidade de Balboa, na citada parroquia de Boborás, a fin de potenciar a promoción do municipio cara o turismo, según indicou a tenente de alcalde, Patricia Torres. Nestes intres, unha brigada de traballadores leva a cabo tarefas de limpeza dos camiños da zona, para facilitar o paso ós visitantes.


SENDEIRO

Patricia Torres destaca que 'para os forasteiros, achegarse ata as explotacións de Balboa é doado, xa que se atopan a un quilómetro de distancia da estrada entre Ourense e Pontevedra (N-541)'. Dende esta vía de comunicación, no casco urbán de Brués, parte un sendeiro que discurre pola marxe esquerda do río Viñao, e que leva directamente ata as minas.

Te puede interesar