vida

Coral de Ruada: por cen anos máis

A Coral de Ruada.
photo_camera A Coral de Ruada.

De  Ruada actuou nos principais  teatros de  Galicia, percorreu case toda España, viaxou varias veces a América, participou varias veces no festival intercéltico de Lorient (Francia), gravou un gran número de discos, casetes e CD’s, participou en varios filmes... e todo o que virá.

Non resulta sinxelo resumir cen anos nunhas poucas liñas. E a Coral De Ruada ten moito que contar. Foi dirixida ao longo dese tempo por excelentes directores que marcaron, cada un deles, unha  etapa: Daniel González, Isolino Canal, Manuel de Dios, Bruno Fuentes, Javier Jurado, José María González, Juan José  Rumbao e  o  actual  Xoán  Antón Vázquez Casas. Con todos estes directores, De  Ruada actuou nos principais  teatros de  Galicia, percorreu case toda España, viaxou varias veces a América, participou varias veces no festival intercéltico de Lorient (Francia), gravou un gran número de discos, casetes e CD’s, participou en varios filmes... e todo o que virá. Samuel Lago, o seu presidente, achéganos algo da intensa traxectoria da Coral.

Metidos de cheo no seu centenario e botando a vista atrás, que supón todos estes anos para a entidade? 

Todos os coralistas nos sentimos orgullosos de  coller o relevo de tantas mulleres e homes que  pasaron por De Ruada, facendo da Coral unha entidade de prestixio e moi respectada tanto en Ourense como en Galicia e mesmo en España.

Houbo algún momento que temesen pola súa continuidade? 

Houbo varios momentos, en distintas épocas, en que a Coral estivo a piques de desaparecer. Sempre por conflitos internos. No primeiro cuarto de século había en Galicia preto de trinta Coros Galegos semellantes ao noso e, de todos eles, soamente quedan catro: Toxos e Froles de Ferrol, Cántigas da Terra de A Coruña, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela e De Ruada. Os demais desapareceron por causa dos conflitos que xa comentei. Pero  en De Ruada sempre apareceron persoas coa claridade de ideas e a xenerosidade suficientes como para entender que, por enriba das persoas, por moi importantes que fosen, estaba a institución. 

A súa fama esténdese alén das fronteiras galega  que dan  mostra da súa intensa actividade e do ben que o fan. Que lle aportan? 

Moitas satisfaccións e autoestima. A xente en Ourense quérenos moito e aprecia o noso labor,  pero está  moi afeita a vernos e escoitarnos. Neste sentido, as actuacións fóra de  Galicia  sempre son moi entrañables, con moitos paisanos  escoitando e aplaudindo as nosas cantigas con  bágoas nos ollos. Case sempre saímos ós do concerto tan emocionados coma eles. 

Ademais, numerosos recoñecementos os distinguen. Que supón para a Coral? Coral de Ruada (MIGUEL ÁNGEL).

Unha enorme satisfacción e un grande orgullo polo que supón de recoñecemento ao noso traballo e ao dos nosos antecesores de tantos anos. Tamén porque, dalgún xeito, os recoñecementos á Coral De Ruada son recoñecementos a Ourense, do que nos sentimos embaixadores. 

Cal é o principal reto de Coral de Ruada? 

Sen ningunha dúbida o relevo xeracional. Tamén completar o modelo fundacional. Xa recuperamos a escola de instrumentos populares e o grupo de teatro. Quédanos por recuperar o grupo de baile. 

No que atinxe ao reto do relevo xeracional, como buscan a incorporación de novas voces?

Por medio da escola de instrumentos populares, a través do que xa se están incorporar rapazas e rapaces. E mediante a colaboración con coros infantís e xuvenís. Tamén adoitamos facer unha convocatoria de novas voces a principio de cada curso. 

Cales son as voces máis demandadas? Como se fai o “casting"? 

Actualmente, as voces máis difíciles de incorporar son as masculinas e, dentro destas, os baixos e os tenores primeiros. Os “castings” son moi sinxelos. Hai que ter en conta que non se trata dun coro  profesional. Valóranse os coñecementos musicais ou a experiencia noutros coros, pero pódese acceder sen ningún destes dous requisitos sempre que se supere unha moi doada proba de entoación que fai o director. 

Ante unha actuación, como seleccionan o repertorio? 

Depende de varios factores. Temos repertorio relixioso, para a celebración de misas, de panxoliñas e cantos de Nadal. Pero a meirande parte dos nosos concertos consisten nunha mestura equilibrada do noso repertorio popular, con acompañamento do grupo de música tradicional, e polifónico galegos. Nestes casos, depende da duración, se é nun teatro, nunha igrexa, no exterior... 

Como adaptan os temas?

Como acabo de dicir, a meirande parte dos nosos concertos consisten nunha mestura equilibrada do noso repertorio popular e polifónico galegos, aínda que tamén dispoñemos no repertorio de  música non galega. As cantigas galegas populares pódense cantar na súa versión orixinal ou harmonizada. Na Coral De Ruada tivo, e segue a ter, unha gran importancia a excelente preparación musical de tódolos seus directores, que realizaron fermosísimas harmonizacións de temas populares e mesmo composicións propias de moito éxito. 

Algún proxecto a curto prazo? 

Rematar as actividadesprogramadas para o Centenario co mesmo nivel de éxito, cando menos, que as xa realizadas. 

Nestes anos, cal diría que é o recordo máis bonito que gardan? 

Seguramente as viaxes transoceánicas e os múltiples galardóns que nos foron concedidos. 

Te puede interesar