O coronavirus tumba boa parte da actividade da Asociación Feminista "Nosas" en Verín

Asociación feminista Nosas Verín
photo_camera Imaxe reivindicativa da Asociación Feminista "Nosas".
A Asociación Feminista "Nosas", asentada en Verín, vese prexudicada na súa actividade por mor do covid, xa que a maioría dos seus programas necesitaban ser presenciais

A Asociación Feminista “Nosas", asentada na comarca de Verín, comezou o seu percorrido a finais do 2019 e cando iniciaban a súa actividade o coronavirus provocou a cancelación de todas as actividades.  

“Nosas" tiña programadas diversas actividades ao longo do pasado ano como uns faladoiros, un mercadillo na Semana Santa, unha horta comunitaria centrada no autocoidado feminino, a participación nos Maios de Verín e ata un taller de autodefensa. 

A raíz do acontecido, Ángela Rodríguez, a presidenta da Asociación declara que "a maioría das actividades que levamos a cabo son presenciais para interactuar, e co tema do covid tivemos que cancelalas todas". A pesar disto, dende “Nosas" seguen traballando de forma online. Agora están preparando un directorio de audiovisuais e lecturas feministas, para poder crear unha base de datos a que poida acceder todo o mundo. 

Te puede interesar