ENCADENADOS

Curiosidades de Nadal

Papa Noel

Cal é a orixe da árbore de Nadal? Dende onde viaxa Papá Noel cos nosos agasallos?

DENDE ONDE VIAXA PAPÁ NOEL COS NOSOS AGASALLOS?

Cando falamos do Nadal é inevitable non pensar en Papá Noel, Reis Magos ou outras celebridades das que falaremos máis adiante…todos eles veñen dende moi lonxe tratando de cumprir os nosos desexos. Todos sabemos que os Reis Magos son os que máis tardan en chegar ás nosas casas porque veñen dende o lonxe oriente guiados pola estrela de Belén pero ¿sabes dende onde ven Papá Noel? El ven dende moito máis cerca, dende Laponia. Concretamente dise que Papá Noel vive na localidade de Rovaniemi nun parque chamado “Santa Claus Village”, este parque pode visitarse xa que está aberto ó público e ás veces, se Papá Noel non está moi ocupado, incluso podemos atopalo e sacarnos unha foto con el no seu despacho.

Estes lugares pertencen a Finlandia e atópanse moi cerca do círculo Polar Ártico, dito así parece moi lonxe pero en realidade están a uns 5.000 km de distancia dende o noso país. Seguramente ese é o motivo polo cal  é o primeiro en deixarnos os nosos agasallos xa que tamén recibe as nosas cartas moito antes que os Reis.

HISTORIA - CAL É A ORIXE DA ÁRBORE DE NADAL?

Esta tradición procede de hai moitísimos anos cando aínda se celebraba a cultura pagana.  Conta a lenda que foi o evanxelizador San Bonifacio quen mesturou esta costume pagana co cristianismo. El atopábase en Alemania tratando de propagar a relixión católica cando se topou con un pobo que quería sacrificar a unha persoa no famoso Roble de Thor (unha árbore sagrada para unha tribo xermánica). Bonifacio impediuno talando a árbore e deixando á xente moi asombrada de que non caera sobre el unha maldición por atreverse a derribalo. Como non fi así, decidiron escoitar o que tiña que dicirlles. Contoulles que o abeto que se atopaba ó lado do Roble de Thor derribado, sería o que se deberían de levar para as súas casas, para conmemorar o nacemento de Xesús pero mediante agasallos e amor entre as familias. Así foi como dende esa noite os alemáns levan ós seus fogares un abeto durante o nadal e o decoran, esta tradición traspasou fronteiras e chegou tamén ás nosas costumes.

PERSONAXES - CRES QUE PODE VIR A VISITARNOS ALGUÉN MÁIS A PARTE DE PAPÁ NOEL OU OS REOS MAGOS? 

Se lle facemos esta pregunta a nenos e nenas galegos ou cataláns contestaranche que si. Eles poden contar co “Apalpador” ou co “Cagatió”.

Nas zonas montañosas de Galicia, conta a lenda, que a noite do 31 de decembro, un home de oficio carboeiro, barbudo e que fuma en pipa, baixa das máis altas montañas para comprobar se os nenos e nenas comeron ben durante todo o ano. Déixalles algún agasallo pero sobre todo abundan as castañas que este home foi recollendo durante todo o outono para deixarllas os nenos.

En Cataluña un tronco moi gracioso chamado “Cagatió” colócase nas casas durante a ponte de decembro e dáselle de comer todos os días, iso si, comida moi saudable como froita, verduras, leite… e o 24 de decembro, pola noite, mentres está tapado cunha manta para que non colla frío, dáselle uns golpes con outra pola e curiosamente o Cagatió caga os agasallos dos nenos.

GASTRONOMÍA - CALES SON OS PRATOS TÍPICOS NESTAS DATAS EN OUTROS PAÍSES?

Tanto o día de noiteboa como de noitevella as costumes culinarias da nosa gastronomía soen basearse nos mariscos, carnes, peixes, polvoróns, turróns, etc todos estes produtos non poden faltar nas nosas mesas. Sen embargo en outros países hai outros pratos típicos que para nós non o son tanto. Por exemplo, tanto en Francia, Estados Unidos, Canada ou Inglaterra, adoitan comer nestas datas pavo, en moitas  variedades: recheo, con coles de bruselas, froitos secos… Pero un dos máis curiosos son os xaponeses, estes adoitan ir ó establecemento do KFC pois no ano 1974 esta cadea alimenticia sacou unha campaña publicitaria onde se ofertaban uns menús especiais para estas datas cuns prezos tamén baixos. A día de hoxe para eles converteuse nunha costume ir a cear algún día destas datas.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?