INFRAESTRUTURAS

A Xunta transfire a Ramirás varios treitos da estrada OU-531

A estrada OU-531 comunica Xinzo de Limia e Cortegada, e nela a Xunta investiumáis de 22 millóns de euros no acondicionamento no treito entre Celanova e a provincia de Pontevedra

O Consello da Xunta aprobou este xoves a transferencia ao Concello de Ramirás de varios treitos antigos da estrada autonómica OU-531, ao seu paso polo municipio ourensán.

Segundo informou a Xunta,O Concello de Ramirás "manifestou á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade o seu interese" polo cambio de titularidade de varios treitos antigos da OU-531 orixinados polo acondicionamento realizado pola Xunta de Galicia nesta estrada, "que mellorou o seu trazado e, polo tanto, orixinou restos de estrada coas rectificacións de curvas realizadas. A estrada autonómica OU-531 comunica Xinzo de Limia e Cortegada, e nela a Xunta investiu no seu día máis de 22 millóns de euros no acondicionamento no treito entre Celanova e a provincia de Pontevedra. 

Destaca unha nota do goberno galego que se trara "dunha actuación importante sobre a antiga comarcal C-531 que permitiu mellorar as comunicacións nesta zona".

O Departamento de Infraestruturas emitiu informe favorable sobre a transferencia dos tramos solicitados que na actualidade carecen de funcionalidade dentro da rede autonómica de estradas de Galicia, e o Concello aceptou o cambio de titularidade de varios treitos dese vial. 

Te puede interesar