ENTREVISTA

David Rodríguez: "En vez de crear actividade agraria, as administracións poñen trabas"

Manzaneda. 02-12-15. Provincia. Entrevista ao alcalde de Manzaneda, David Rodríguez.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera David Rodríguez Estévez, alcalde de Manzaneda.

O alcalde de Manzaneda, David Rodríguez Estévez, leva seis anos exercendo como alcalde.

O alcalde de Manzaneda, David Rodríguez Estévez, leva seis anos exercendo como alcalde daquel concello. Nas últimas eleccións municipais, o seu partido, Son de Manzaneda-Anova, obtivo cinco concelleiros, repartíndose os dous restantes PP e PSdeG-PSOE.

Como afronta o mandato?

Temos que consolidar os logros do pasado mandato. Manzaneda é o Concello galego que máis inviste en servizos sociais e, na provincia, o que máis fondos destina á cultura. Queremos manter iso e empezamos o ano apostando pola conservación do patrimonio, o ecoloxismo e aproveitamento dos recursos: con charlas para constituir os montes en man común pendentes; co proxecto Batefogo, que imos presentar a mediados de xaneiro, para ver se freamos a lacra dos lumes; e favorecendo ás empresas que teñan que ver con actividades dos sector primario: a castaña e a viticultura quitan masa forestal. Consolidar as comunidades de montes é moi importante: poñen en valor os recursos naturais. Un aspecto do turismo pasa polas boas prácticas medioambientais e as rutas de sendeirismo, ademais do patrimonio.

Canto adicou a servizos sociais e cultura?

O ano pasado, en cultura chegamos a 65 euros por habitante, cando a media está entre 10 e 12. En servizos sociais, o porcentaxe provincial é de 90 euros por habitante e nós chegamos a 435. Temos un xeriátrico, servizo de axuda no fogar, remunicipalizamos o come- dor escolar, axuda a dependencia en domicilio, Xantar na Casa. Costa manter istos servicios, mais xeran emprego e se lle da á poboación unha atención que precisa.

A Xunta licitou a xestión do Centro de Día no 2011, mais segue pechado. Cando abrirá?

O mes pasado, tivemos unha reunión co xerente da Axencia Galega de Servizos Sociais: Roberto Fernández, que xa deixou o cargo. Queremos poñer fin a esta situación. Puxeron o mes de febreiro como data límite para darlle unha solución. O centro ten que abrir, dunha maneira ou doutra, senón a Xunta terá que devolver a Europa os fondos públicos que empregou na construcción. Imos intentar que funcione con xestión pública, directamente do Concello. Senón é así, queremos seccionar partes da construcción para reutilizadas dende o Concello.

Os problemas co “catering" de varios colexios galegos semellan confirmar a súa loita pola municipalización. É así?

Tiñamos moi claro que era unha batalla que había que gañar porque sabiamos o que había de malo nesta práctica nos colexios do país. Foinos ben e asinamos o convenio. O do ano pasado o cobramos íntegro da Consellería de Educación. O resto o aporta o Concello. Estamos a ver o que pasou a semana pasada en catro ou cinco centros de Galicia co tema do "catering". Os gobernantes teñen que pararse a pensar se comerían a comida que lles estamos dando tódolos días ós nosos nenos nos colexios, que son o futuro do país. 

Non estivo en Trives, na creación dunha comisión de infraestruturas. Cal foi o motivo?

Foi por traballo. Avisei que non podía asistir. A única maneira de que as administracións autonómica e provinciais vexan a realidade das nosas estradas é presionando xuntos para que coñezan as súas carencias. Son terceiro mundistas. En ningún lado de Galicia teñen tantos problemas coas comunicacións. Quero agradecer ó Concello de Trives que tivera a iniciativa de nos invitar e esperamos entrar na comisión nas vindeiras reunións.

Solucionouse o problema da prohibición de pastorear en zonas queimadas?

Hai unha lei de montes que prohíbe o pastoreo, durante tres anos, nas zonas queimadas da Rede Natura. Estamos delimitando a zona forestal da de praderías particulares. A Consellería do Medio Rural quedou en avisar se había rebaixa nas multas. Os gandeiros non teñen terreo para pastar.

Hai queixas de que as Administracións desaniman aos gandeiros. Comparte esta opinión?

En vez de crear actividade agraria e gandeira, as Administracións o fan ao revés. O proceso vai cara atrás. Poñen cantidade de trabas. Levamos tres anos co proxecto do cooperativismo. Ves que iniciativas que xeran emprego e limpan o monte vense perxudicadas por normas absurdas contra os que traballamos a terra. Pola contra, empresas como Red Eléctrica, que plantou unha liña de alta tensión pola nosa serra sen autorización da Rede Natura, Medio Ambiente e sen impacto ambiental, non tivo ningún problema. As multas lles veñen aos pequenos produtores e gandeiros.

As familias novas, chegadas a Manzaneda nos últimos anos, están establecidos?

A realidade do rural é a mesma de todo o país. Morre moita xente e non hai nacementos. Mais nestes últimos cinco anos freamos o proceso. En vez de baixar 35 persoas como nalgúns anos, conseguimos baixar só 5. O colexio aumentou o número de nenos e estase mantendo. É complicado frear a desposboación. Se as políticas da Xunta e das administracións provinciais non mudan, o vexo moi difícil. Non hai infraestructuras, dan subvencións ás que non poden acceder os pequenos produtores e as empre- sas plantan grandes superficies con esas subvencións. Así non pode ser. Hai que apoiar ás pequenas empresas, autónomos e xente moza. Son os que teñen que recibir as axudas. Tampouco se poden quitar servizos.

Como se portan as Administracións con Manzaneda?

As Administracións se portan mal cos concellos, que son as máis cer- canas. Sufren un ataque coa nova Lei de Réxime Local, que os valeira de contido para fortalecer ás depu- tacións. O noso grupo de goberno é contrario a elas.

Te puede interesar