política - campaña

Denuncia del PSOE por arrancar carteles

Rodríguez Ayuso, candidato á alcaldía de Trasmiras, denunciou "actos vandálicos contra os nosos carteis electorais en Vila Seca" e "tamén en Xinzo"

Manuel Rodríguez Ayuso, candidato á alcaldía de Trasmiras, denunciou "actos vandálicos contra os nosos carteis electorais en Vila Seca" e "tamén en Xinzo", engadiu. O candidato fixo estas declaracións logo de ter coñecemento de que o pasado 12 de maio a noite, os carteis electorais da súa formación foron arrancados en Vila Seca. Matizou que "arrancaron tamén os soportes que nos lle fixemos" xa que "nos pobos do noso concello non hai paneis electorais habilitados", lamentou.

Ayuso considera "perigoso" que "algúns non respecten a pluralidade democrática  e fagan alarde do fanatismo" e engadiu que "a pancarta que os meus compañeiros de Xinzo puxeron na pasarela do río o sábado a noite tamén desapareceu".

Te puede interesar