A Deputación inviste 152.000 euros no Concello de Riós

rios2
photo_camera Francisco Veiga e Manuel Baltar no Pazo Provincial.

O alcalde de Riós, Francisco Veiga Romero, achegouse ata o Pazo Provincial de Ourense para manter unha xuntanza de traballo co presidente da Deputación, Manuel Baltar. 


Entre outros asuntos de actualidade e de interese para o concello da Comarca de Monterrei, ambos representantes institucionais repasaron, en materia de colaboración, as achegas que o ente provincial fará a Riós para mellorar, sustancialmente, diversas infraestruturas e espazos públicos. A axenda de accións desenvolverase, se todo vai segundo o previsto, ao longo do 2020. 


Entre as obras que se executarán no termo municipal, a Deputación de Ourense colaborará coa ampliación da Gardería municipal do Concello de Riós, á que subvencionará con unha partida económica de 45.000 euros. 


Por outra banda, Riós ten proxectado, para o transcurso deste ano, o arranxo da estrada do pobo de A Veiga do Seixo, no que se investirán un total de 40.000 euros. Neste senso, dende o Concello de Riós matizaron que dito vial sufriu directamente as consecuencias dos temporais e precisa dun arranxo urxentemente. 

Por último, o ente provincial aportará 67.000 euros para o acondicionamento dunha depuradora de augas para consumo. 

Te puede interesar