Universidad

A difusión sobre performance centra o Fugas e Interferencias

Nacido hai cinco anos co propósito de promover unha reflexión teórica ao redor dunha disciplina artística escasamente abordada desde o punto de vista académico como é a performance, a situación xerada pola covid-19 impide que neste 2020 o congreso internacional de arte de acción Fugas e Interferencias celebre o vindeiro outono a súa quinta edición do xeito habitual. A organización decidiu desbotar a celebración, presencial ou virtual, do único evento académico centrado nesta disciplina de España, e que cada ano tiña como sedes á Vicerreitoría do campus e ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). 

Non obstante, isto non implica a suspensión da V Fugas e Interferencias, que, mantendo ese obxectivo de fomentar o estudo académico da arte de acción, centrarase neste 2020 na elaboración e publicación dun libro de actas que recolla unha serie de artigos sobre performance, seleccionados polo seu comité científico de entre os traballos que nas próximas semanas lles fagan chegar os investigadores e investigadoras. Ata o 30 de xuño permanece aberto o prazo de presentación de traballos para este congreso organizado pola Universidade de Vigo coa colaboración do CGAC, que dirixen o artista e profesor da Facultade de Belas Artes Carlos Tejo e a investigadora e crítica de arte Marta Pol.

Te puede interesar