ENTREVISTA

"O que din os nosos clientes é que R destaca pola calidade dos seus servizos"

Alfredo Ramos, director general de R.
photo_camera Alfredo Ramos.

Alfredo Ramos está ao frente do operador galego R, que leva xa no mercado vinte ano"

Alfredo Ramos está ao frente do operador galego R, que leva xa no mercado vinte anos. Nun sector cunha evolución espectacular a compañía foi extendendo as súas redes logrando unha gran capilaridade no territorio galego. É un dos exemplos de que David tamén pode vencer a Goliat no complexo e competitivo sector das telecomunicacións, dominado polas multinacionais. A venda a Euskaltel permite a R redimensionar as súas actividades. O futuro pasa por unha expansión, aínda en fase de estudo.

¿Onde estaba R hai vinte anos e onde está agora? 

No ano 1997 a compañía era un plan de negocio nun papel e parecía que a dez anos vista era un mundo, e xa van vinte anos. Entonces estabamos artellando un proxecto dun operador de comunicacións por fibra óptica en Galicia que se converte nun compañeiro da sociedade da información na comunidade, como un habilitador, chegando a infraestructura da fibra óptica a máis de cen concellos en Galicia cunha infraestructura de fibra máis capilar, con preto dun millón de direccións provisionables con servizos de nova xeración. Tamén no ano 1998 nacen compañías como Netflix ou Google o cal nos axuda a poñernos en perspectiva do que ten mudado a tecnoloxía e a sociedade nestes vinte anos. Internet daquela era para uns poucos, cun mercado que se dividía entre fogares conectados, comunicadores, pasivos, buscadores de ocio e había un grupúsculo que eran os internautas. Hoxe Internet está presente en máis do 80% dos nosos fogares. 

¿Que foi o máis fácil e o máis difícil de acadar ou superar neste tempo?

O más difícil e o máis fácil ao mesmo tempo foi o momento dos inicios onde hai que artellar un bo equipo para un novo proxecto onde está todo por facer. Por exemplo, foi difícil conseguir as licencias para facer as obras nos concellos para o desplegue inicial. Tampouco existía a portabilidade de número polo cal o cliente tiña que renunciar ao seu número de toda a vida para mudar o seu servizo. O máis fácil foi o pulo do equipo, o grupo de xente con gañas de desenvolver un proxecto de gran trascendencia na comunidade. Eu divido tres momentos en todo isto: unha primeira fase fundacional ata 2007, onde o foco é desenvolver as primeiras 600.000 direccións provisionables nas cidades e áreas de influencia apostando pola calidade de servizo. Unha segunda etapa ata 2015 onde chega a converxencia con móbil e 400.000 direccións máis no rural, onde levamos esa competencia real nas áreas metropolitanas ofrecendo solucións globais para empresas. Logo hai unha terceira etapa, que é na que estamos, dende a integración no grupo Euskaltel, onde temos un proxecto novo con tres sociedades que comparten valores no novo plano estratéxico ata 2022, onde compartimos valores de cercanía, honestidade, axilidade, innovación e compromiso co noso territorio. 

¿Como se gaña mercado nun territorio de xigantes tecnolóxicos e multinacionais?

Sin dúbida os piares das fortalezas de R que vimos de renovar coa pertenza a un grupo maior é a rede de fibra, que permite unha competencia real e efectiva. O segundo piar sería a aposta pola calidade do servizo, logo buscar un xeito novo de facer as cousas cunha marca diferente. O terceiro sería ter identidade diferente, un posicionamento de marca moi forte e o cuarto son as persoas, tanto no equipo de profesionais como os colaboradores. Agora mesmo somos máis de 190 persoas en plantilla en Galicia e 1.183 colaboradores en empresas que traballan para nós. A todo iso debemos sumar os clientes, que son os que fan que teñamos acumulados máis de 1.200 millóns de investimentos acumulados en Galicia.

¿Estaba Galicia no terceiro mundo en materia de telecomunicacións cando empezou R a súa actividade? 

Os países en vías de desenvolvemento non teñen redes fixas e en Galicia había redes fixas de cobre. O que permitiu en Galicia contar con proxectos como R é conseguir a velocidade de primeira división no desenvolvemento da sociedade da información. A primeira rede de fibra en Galicia é a nosa, logo viñeron outras, pero non teñen a capilaridade que teñen as nosas. Nós remataremos este ano con máis de 140 polígonos industriais con fibra, o que fai que desde Galicia pódese competir nun mercado globalizado como o que temos hoxe. Daquela as infraestructuras de telefonía fixa ou de electricidade estaban moi dispersas porque a poboación estaba moi dispersa. Iso foi un reto para despregar as redes.

Cando foi medrando R varias lupas puxéronse encima. Apareceron fondos de inversión e tamén Euskaltel para converterse e accionista de referencia. ¿Isto tiña que pasar? 

Por unha banda está a actividade da empresa onde xera emprego, onde paga os seus impostos ou donde paga as súas operacións. A partir de ahí os accionistas en cada etapa teñen un papel relevante. Hai un grupo galego de accionistas fundacionais sin os cales este proxecto non sería unha realidade. As estructuras accionariais mudan porque aqueles accionistas tomaron cada un o seu camiño e nós seguimos aquí xerando emprego e dando servizos en Galicia. Logo apareceu o fondo CVC, o que supón unha madurez do proxecto porque que un fondo de inversión estranxeiro se fixe en Galicia tamén é un refrendo de que se están a facer ben as cousas. Si hai xente interesada en mercar é que algo ben estás facendo. Cada vez é máis complexo atopar vías de crecemento no noso territorio e seguimos a buscar vías de crecemento en servizos móviles, acompañando ás empresas na súa transformación dixital. Para seguir medrando o estar dentro dun grupo como Euskaltel permite dar servizos que antes non podiamos dar. 

¿Quen aprende máis, R de Euskaltel ou ao revés?

Estamos todos a aprender. Hoxe no comité de dirección do grupo estamos dous galegos, dous asturianos e catro vascos. O que estamos a levar é o mellor de cada casa e o que temos é que facer un exercicio de humildade e apertura de mentes para poder contaxiarnos de cada quen. O comprador, que foi Euskaltel, non impuxo os seus sistemas sinon que fixemos entre todos un exercicio de identificar os módulos mellores para ter o mapa definitivo e alí onde a solución non nos valía acudimos a buscar unha solución nova. 

Da a sensación de que a tecnoloxía evoluciona a tal velocidade que todo o que nace parece que ten un periodo de vixencia escaso. ¿Como se xestiona esa situación? 

Internamente traballando cuns procesos áxiles e horizontais. Neste entorno de gran velocidade vemos que si non tes o tamaño suficiente como cliente ou proveedor o xeito é colaborar, abrir as operacións e servizos a terceiros. Temos establecido un programa de partners especialistas que nos acompañan na transformación dixital. Consolidamos un ecosistema de partners para ofrecer as mellores solucións no mellor tempo posible tanto ás empresas como ao mercado residencial. 

¿En que é moi bo R? Cal é o factor diferencial sobre a competencia? 

Dende sempre, o servizo ao cliente. En todos os estudos de satisfacción o que din os nosos clientes é que R destaca pola atención telefónica, nas tendas e o servizo técnico. Ao final a tecnoloxía cópiase pero o servizo e a atención non. Esa é a nosa aposta dende o inicio, contando con colaboradores pegados ao terreo e iso é parte do éxito do noso proxecto.

¿Como viviu vostede e a compañía unha caída de servizo como a de decembro de 2016?

O fundamental é estar co equipo e deixalo traballar, estar para cando alguén necesita estar para una decisión rápida. O que foi espectacular foi a reacción dos nosos colaboradores, nunhas datas de Nadal onde tés un problema de servizo e a xente aparece de xeito voluntario nas plataformas, nas tendas... Iso fala moito do compromiso da xente que se implica no proxecto. 

¿Por que teñen tan mala prensa entre os consumidores as empresas de telefonía móvil? 

Porque hoxe a tecnoloxía forma parte das nosas vidas. Hai poucos servizos que muden tanto en tan pouco tempo e que emiten unha factura todos os meses. Cando ti tés un seguro solo recibes unha factura ao ano e tés unha opinión cando tés unha incidencia e resolves ben ou mal. Nestes vinte anos de servizo estamos constantemente a introducir novos produtos e servizos, polo tanto en termos de volumen absoluto as compañías poden liderar en volumen as reclamacións pero en termos relativos somos dos máis eficientes. O grado de interacción que temos cos clientes fai que teñamos un volumen de operacións brutal e unha tasa moi pequena de fallos.

Pero, ¿por que como clientes nos situamos sempre en garda cando recibimos unha chamada dun operador de telecomunicacións? 

Porque ao mellor non todos cumpren as boas prácticas e códigos de conducta. En R somos suficientemente cuidadosos nese aspecto e cando se fala de presión en telemárketing saínte son outras marcas as que a xente ten na cabeza. Non nos ten a nós. Iso non quita que puntualmente poidamos ter algún tema cun comercial pero cumprimos escrupulosamente os nosos compromisos pensando no interese do noso cliente. 

¿Que será o próximo proxecto que pode ver a luz en R e que o ten a vostede ilusionado, preocupado ou expectante? 

En móviles, a consolidación do 4G e o futuro do 5G. Hoxe o 80% do tráfico dos nosos clientes é en 4G. Seguiremos ampliando franquicias de datos, solucións innovadoras como os bonos ilimitados de fines de semana en redes sociais e video que vimos de lanzar este verán. En televisión temos unha plataforma con novas aplicacións moi importantes, como para medios de comunicación que poden estar na nosa plataforma. En Internet temos agora no grupo máis de medio millón de puntos de acceso wifi gratuitos para os nosos clientes. Seguiremos mellorando a velocidade de internet con proxectos de provisionar máis empresas e fogares con diferentes iniciativas e outros moitos proxectos. 

¿Haberá R fóra de Galicia?

Estase a avaliar pero aínda non se pode falar . Estanse a avaliar varias situacións. Estanse a ver varios territorios que veremos próximamente e que analizaremos tanto con R como con Euskaltel.

Te puede interesar