POLÍTICA LOCAL

Elvira Lama aposta en Xinzo pola participación veciñal

Laura Seara, Elvira Lama e Berta Ojea durante o acto de presentación.
photo_camera Laura Seara, Elvira Lama e Berta Ojea durante o acto de presentación.

Laura Seara e Berta Ojea reivindicaron a figura da muller e da cultura

A Casa da Cultura de Xinzo de Limia foi o escenario que elexiron os socialistas para o acto de presentación de Elvira  Lama Fernández como candidata á alcaldía deste municipio. No acto, cun enfoque cultural e no que destacou a reivindicación da figura da muller, participaron a ex secretaria de Estado de Igualdade, Laura Seara, e a actriz Berta Ojea.

Elvira Lama destacou o importante labor que leva a cabo neste concello, cuxo grupo de goberno apuntou que está "descabezado e que non ten a Xinzo na súa cabeza". Nese sentido, sinalou como mostra o lugar onde estaba previsto celebrar este mitin, que era no parque do Toural, "que está tan degradado ao igual que cada recuncho deste concello".

A candidata referiuse ás carencias en servizos básicos como na depuración de augas ou os camiños que, segundo dixo," están intransitables". "Presentámonos para gobernar este Concello do que por fin desaloxaremos ao PP", destacando que na política "paréceme importante ser íntegros, honestos e transparentes", e nese sentido sinalou que é necesario contar coa participación veciñal "para levar a cabo o que queremos facer deste pobo".

Laura Seara calificou á candidata de "compañeira valente, íntegra e honesta", asegurando que está "sempre con Xinzo na cabeza", para sacalo "da longa noite de pedra". Berta Ojea manifestaba que nos pobos o máis importante é "que sexamos felices", e que iso é o que lle hai que pedir á política, "que nos faga cidadán máis felices".

Te puede interesar