Opinión

O outro Entroido. Sinais de tráfico

Un día de Entroido, quero pensar que era luns  do ano 1962, había un almacén de obras públicas na saída da rúa principal cara a Ourense, un pouco antes do Pombal,  onde se gardaba material para a reparación das estradas da zona. Xunto ao portón de entrada había varios bidóns de chapapote, moitos sinais de tráfico, varios sacos de grava e un carro con rodas de goma que usaban para transportar materiais no almacén. 

Pasabamos por alí, o Pepe Peaguda, o Alfonso Clemente e mais eu, e non se nos ocorre outra cousa que cargar varios sinais de tráfico no carro. Partimos cara ao centro da vila e imos colocando sinais polo camiño para reducir a velocidade, aos escasos coches que circulaban a primeira hora da mañá. Chegamos á altura do Café Imperial, onde paramos e situámolo  último sinal de dirección obrigatoria cara a porta do café.

A todo isto, como era a única estrada que había en dirección a Capita de España, achégase un turismo con matrícula de Madrid, cara a onde se dirixía e, facendo caso dos sinais, o conductor para,saca a cabeza pola ventaniña, con cara de poucos amigos. Pregunta  que está pasando. Invitámolo a baixar do coche  para explicarllo. Baixaron o matrimonio e dous cativos que viaxaban  na parte datrás. Moi alterados, din que teñen présa por chegar á casa. Dirixímolos cara a entrada do café e tranquilizámolos explicándolles que se trataba dunha broma, que son as festas do Entroido no pobo e que, amablemente, queriamos convidalos a tomar un café, ou o que lles apetecera. O marido mirou cara a muller, esbozando un sorriso ao que ela correspondeu. A partires daí, todo foi máis doado. Interesáronse pola festa  do Entroido. Un deles contounos que tiña parentes en Vilagarcía, o que axudou a que todo fora máis distendido. Os nenos estaban encantados. Logo invitáronnos iles a unha consumición e xa non se voltou a falar de présas.

Cando se despedían abaneaban as  mans polas ventaniñas  do coche con satisfacción, ao que correspondemos da mesma maneira.

Logo, como xa era máis tarde e escomenzaban a vir máis coches e podía complicarse o asunto, decidimos recoller os sinais e botalas enriba do carro para devolvelas ao seu sitio. Aquiles días estabamos un pouco preocupados. Non saboamos se non se enteraran en Obras Públicas do asunto, ou non quixeron enterarse. O certo é que, coma sempre, nestas festas nunca pasa nada. 

Te puede interesar