xornada

Escritores e "influencers" teñen unha cita o sábado

uploaded_elo_result
photo_camera Cristín Ferro, Diego Fernández e Lizzi Quintas durante a presentación.

Haberá mesas sobre multixéneros, noveis, romántica e erótica, e un debate sobre edición clásica, autoedición e axencia literaria.

Escritores, bloggers, bookstagramers, booktubers e representantes de editorais e de axencias literarias teñen unha cita este próximo sábado no Encontro Literario Ourensán ELO. Por segundo ano consecutivo, o colectivo ELO organiza unha nova edición deste evento, que terá lugar o 27 de outubro no IES número 1 do Carballiño. O encontro foi presentado onte polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e as escritoras e integrantes do colectivo organizador Cristín Ferro e Lizzi Quintas, que confirmaron a inscripción dun centenar de participantes, aínda que puntualizaron que para a maioría das actividades programadas a entrada será libre.

Durante esta xornada están programadas cinco mesas sobre diferentes xéneros literarios e edición, e outro tipo de actividades como a novidade dun concurso de disfraces coincidindo coa celebración do Samaín e unha actuación de break dance, entroutras.

Haberá mesas sobre multixéneros, noveis, romántica e erótica, e un debate sobre edición clásica, autoedición e axencia literaria.

Entre as persoas participantes figuran destacados escritores, así como influencers de renome no eido literario. Estarán Raquel Villaamil, que escribe novela romántica e suspense, e cuxas obras están traducidas a cinco idiomas; Teresa Cameselle, que leva publicados nove libros; o escritor e editor Valen Bailón; as bloggers Rayssa Sabino e Lara Díaz, e escritoras como Raquel Bels. Cristín Ferro e Lizzi Quintas declararon que elexiron Carballiño polas facilidades que lle diu o Concello e ante a imposibilidade de facelo en Ourense.

Te puede interesar