XORNAL ESCOLAR

Un esforzo de redacción e caligrafía merecedor de premio

20180608121957609_result
photo_camera O grupo de xornalistas do CEIP de Oímbra, autores do traballo xornalístico "Diario de Oímbra".

O Diario do Ceip de Oímbra foi o traballo gañador, elaborado polos nenos e nenas de 1º de Primaria

Con aplausos dos seus compañeiros e compañeiras do colexio. Así recibiron a nova os escolares de 1º de Primaria do CEIP de Oímbra: eran os gañadores do concurso Xornalistas na Escola da súa categoría!

"Diario do CEIP de Oímbra" foi o traballo elaborado por este grupo que quería plasmar nas catro páxinas as actividades máis salientables do curso. Primerio escolleron os temas entre todos e despois redactaron cada unha das novas. O seguinte paso foi o reparto de tarefas entre o alumnado: uns escribirían as noticias, outros os titularos e entre todos lle deron forma para acadar un fantástico resultado final.

Durante semanas aproveitaron os momentos que tiñan libres para adicarse á elaboración do seu xornal.  Con esta actividade didáctica potenciaron o traballo en grupo xa que tiveron que escoller entre varias novas as que ocuparían as páxinas do seu xornal. Esforzáronse moito na redacción e na caligrafía e ademais amosaron estar moi motivados xa que, ademais de tratarse dunha actividade diferente, fíxolles moita ilusión ver o seu xornal publicado e que moita xente fora testemuño do seu esforzo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar