VIDA

Espacio Matrioska, un oasis creativo no rural da provincia

As persoas que forman o Espacio Matrioska.
photo_camera As persoas que forman o Espacio Matrioska.
Hai cinco anos, un grupo de licenciados en Belas Artes de tódolos puntos de España estableceu Os Blancos como base de operacións dos seus proxectos. A iniciativa foi evolucionando e hoxe contan con propostas tan consolidadas como o festival Reina Loba. Alberto Maciá é un dos fundadores do Espacio Matrioska

Que é o Espazo Matrioska?

É un proxecto que xorde ó terminar a carreira de Belas Artes. Un grupo de amigos, a maioría vivindo en Madrid, temos a necesidade de empezar a producir e traballar. Nesa busca dun sitio para compartir simplemente xorde a posibilidade de vir a un sitio que xa visitaramos varias veces en vacacións gracias a un compañeiro de Xinzo. O espazo, levaba anos baleiro por temas políticos e de especulación. Conseguimos unha cesión e viñemos traballar aquí sen saber nun principio o que iamos facer. Chegamos ó contexto do rural galego, da despoboación e cunha carreira na que as saídas profesionais son complicadas e empezamos a pensar que facer aquí. Iso evoluciona e Espacio Matrioska acaba por converterse nun proxecto en continua mutación e adaptándose á aprendizaxe. Empezan a xurdir proxectos que cinco anos despois están establecidos. Ningún de nós somos do rural, non o coñecemos desa maneira e, de repente, vimos a el. Aí empezamos a xerar pontes: que podemos levar do noso entorno e da nosa experiencia ó rural? Tratamos de dinamizar e axitar esa zona a nivel cultural. E que cousas podemos levar do que se produce aquí a outras cidades? Digamos que iso é o punto forte, esa conexión de pontes entre o rural e o urbano. 

Cales son as principais actividades que realizades?Matrioska_0002_resultado

Temos varios proxectos establecidos. Residencias artísticas, por exemplo, é un programa entre xuño e setembro no que lanzamos unha convocatoria cunhas bases moi abeertas, poden ser de calquera disciplina pero teñen que ter un mínimo de relación co contexto do Espacio Matrioska, Os Blancos e Galicia. O divertido é ver como se interpreta. As presentacións e a maioría dos procesos realizánse co pobo. Os veciños agora interésanse polos proxectos e iso é algo que nos gusta tendo en conta que a poboación de aquí é maior. Pero é unha poboación migrante, de traballadores, abertos a calquera cousa. Temos ademais proxectos en colexios e ata universidades, a onde levamos a nosa actividade mural persoal ó traballo con grupos. Tratamos de levar esas dinámicas colaborativas. Por exemplo, traballamos con nenos de entre dous e dez anos xerando cooperación entre eles e que a producción do muro sexa impersoal e colectiva a partir de diferentes partes individuais de traballo. Son proxectos que van xerando as dinámicas dos seguintes. Por exemplo, se van facer un mural moi evidente sobre unha tématica concreta, gústanos que o resultado non sexa tan evidente, senón que estea implantado dentro da coordinación que desenvolve o deseño final. 

Como é recibido o proxecto entre os veciños?

Eu son do sur e o carácter é moi diferente. Ó principio son como máis pechados pero agora son os nosos amigos. Nós tamén imos entendendo máis. Nun principio chegas aquí e queres dinamizar cos teus conceptos. Ó mellor estás pensando que o cultural é o que ti traes e non o feito de reproducir o que hai aquí e aportar o que ti coñeces. 

Como vos retroalimentades cos Blancos?

A nivel de humildade. O cultural non ten que ser o que eu considero. Por exemplo, o primeiro ano fixemos un certame de murais en Xinzo, de onde saiu o proxecto Muros Brancos, unha convivencia de quedar para tomar un café e deseñar un boceto a raíz de esa conversación con la persona que está cedendo o seu espazo para o mural. Dese proxecto aprendemos moito a saber contextualizar, aportar desde a proposta e non decidir directamente.

Tamén organizades o festival Reina Loba. Que é o que o caracteriza?Matrioska_0006_resultado

Dentro do concepto de Matrioska, o Reina Loba o que fai é contelo todo, como un momento do ano no que durante tres días teñen cabida dun ou outro xeito tódolos proxectos. Intentamos facer moito énfase en que son tres días para aprender, que sexa desde a festa da música á festa dos obradoiros. Incluímos  iniciativas amigas de cousas que se están facendo en Galicia. No estado hai  unha cantidade de iniciativas chulísimas pero Galicia ten unha autonomía cultural alucinante e hai moitos colectivos amigos colaborando. Nestes tres días créase un espazo interxeracional, transversal e interdisciplinar.

Que vos aporta o festival ó Espazo Matrioska?

Imos aprendendo. Empezamos a organizalo en outubro e só hai tres semanas nas que non falamos del, pero cada ano ímolo revisando , tanto a nivel interno como de contidos e solicitudes. A nivel de contido, por exemplo, queremos que os obradoiros sexan unha parte moi forte, que poida vir xente de tódalas idades e familias. Por iso temos tamén os campings diferenciados, que poidas vir no plan que queiras e que iso se combine moi ben co pobo, que non interfira en exceso na normalidade dos veciños. Maioritariamente, a xente está encantada co Reina Loba. Cada ano vai mellorando e vaise ampliando. Hai xente que ven de voluntaria dende o primeiro ano e foron medrando no equipo a nivel de responsabilidades e implicación.

Te puede interesar