carballiño

Espazo Común insta a que se optimice a limpeza viaria

O grupo da oposición afirma que o concello só dispón de cinco operarios en pleno mes de xullo

O grupo municipal Espazo Común considera fundamental contar cunha detallada planificación que permita optimizar o servizo de limpeza viaria no Carballiño e alcanzar uns obxectivos de eficiencia e imaxe á altura dunha vila cuxa principal inxección económica en época estival é o turismo.

Por ese motivo, salienta "a precariedade da situación actual dun servizo que, a falta dunha correcta planificación previa, conta con apenas cinco operarios". Insiste en que é un servizo que debe funcionar os sete días da semana e cos pertinentes descansos e vacacións aos que os traballadores teñen dereito, e que "atopámonos con que moitos días só hai tres varredores para toda a vila en pleno mes de xullo".

En consecuencia, Espazo Común reclama que se contraten novos efectivos, a través da bolsa de emprego existente, a través da elaboración dunha nova ou vía convenios con outras administracións ou, incluso, rematando dunha vez a tan anunciada Oferta Pública de Emprego".

Te puede interesar