servicios

Espazo Común reclama calefacción para a Biblioteca de Carballiño

"Segue a ser "un foco de problemas e os usuarios voltan a sufrir as baixas temperaturas sen calefacción", señalan desde la formación política

O grupo municipal Espazo Común afirma que a Biblioteca do Carballiño segue a ser "un foco de problemas e os usuarios voltan a sufrir as baixas temperaturas sen calefacción". Engade que son incontables as promesas feitas polo goberno para a súa mellora e acondicionamento pero que os estudadantes e usarios seguen a padecer as molestias "dun servizo que semella non importar aos responsables".

Nos últimos días as queixas son polo feito recurrente de que os usuarios teñen que estar dentro do edificio con roupa de abrigo. Atendendo ao elevado e constante número de queixas recibidas, Espazo Común levará ao vindeiro pleno, "cando o alcalde Fumega teña a ben celebralo, unha moción para que se concreten as reformas necesarias, así coma a data da súa execución e esixirlle aos responsables do Concello máis atención polos problemas da xente e menos postureo de cara á galería", conclúe.

Te puede interesar