educación

Espazo Común reclama prazas nas escolas locais

Dende o grupo político sinalan que moitas familias tiveron que levar aos seus fillos a Maside, e en anos anteriores a Ourense, Santa Cruz ou Celanova

O grupo Espazo Común leva a pleno unha moción na que solicita que o Concello do Carballiño garantice as prazas en tódalas escolas municipais para todos os solicitantes, "o que evitaría o trastorno das colas para a inscrición e evitaría tamén que os nenos teñan que marchar da vila para practicar deporte ou participar en actividades culturais", segundo sinala.

Ademais, Espazo Común propón que se habilite un método telemático que posibilitaría aos pais facer a xestión da inscrición sen ter que ausentarse do traballo como está ocurrindo en algúns casos, segundo afirma.  

Este grupo considera que "deporte e cultura son ferramentas fundamentais na educación dos nosos pequenos e deben ser eixos innegociables nas políticas do Concello do Carballiño". Nese sentido precisa que "atopámonos con familias que cada ano experimentan maiores dificultades para inscribir aos seus fillos nas diferentes actividades municipais dado que non se buscan fórmulas para afrontar o maior número de solicitudes ou habilitar camiños para que ninguén se quede fóra delas". 

Así, engade que moitas familias tiveron que levar aos seus fillos a Maside, e en anos anteriores a Ourense, Santa Cruz ou Celanova.

Te puede interesar