política

Espazo Común reclama o transporte a Fonteantiga

este grupo recorda que se aprobou por unanimidade facilitar un vehículo á escolar que ten que camiñar soa ata a parada

O grupo municipal Espazo Común reclama ao goberno do Carballiño que dispoña desde este luns do transporte escolar de Fonteantiga para trasladar á nena Uxía Blasi desde a súa casa ata a carretera do Eixo do Ribeiro onde poderá acceder á liña de autobús. Espazo Común refírese ao "total deixamento de responsabilidades do goberno" e solicita que, mentres a Xunta non resolve a situación, "se habilite un transporte municipal desde este mesmo luns".

Este grupo recorda que conseguiu apoio unánime da Corporación a súa proposta de facilitar este servizo, e afirma que os afectados aínda non recibiron nin unha soa chamada. Ata agora, o pai acompaña a nena no percorrido de case 300 metros a través do monte, pero por motivos laborais non o poderá facer sempre.

O alcalde, Francisco Fumega, apunta como posible solución contar con Protección Civil ou a Policía Local para que recollan cada mañá á rapaza.

Te puede interesar