Imprimir

Espazo Común recolle sinaturas contra o cobro do lixo en Arcos

Redacción | O Carballiño | 30 de mayo de 2020

O grupo da oposición pide ao goberno que cumpra co acordo plenario do pasado mes de outubro

O grupo municipal Espazo Común do Carballiño iniciou nestes últimos días a recollidade sinaturas entre os veciños da parroquia de Arcos para apoiar a súa reivindicación de que se cumpra o acordo plenario do pasado mes de outubro. Nesa sesión, o alcalde, Francisco Fumega, comprometeuse á paralización do expediente de regularización polo que, despois de moitos anos, comezábase a cobrarlles o lixo aos residentes desta localidade, que tal e como se constatou no pleno, están exentos de pagar esta taxa segundo o acordo alcanzado co concello polo que cedeu unha gran parte do seu monte comunal.

Meses despois, segundo apunta Espazo Común, "os recibos seguen a chegar e as explicacións dadas polos responsables do concello son confusas".

Por iso, sinala este grupo da oposición que "xa preguntamos en varias ocasións polos pasos dados para esta paralización. De feito, no mes de febreiro rexistramos un escrito á atención da alcaldía demandando só que se nos informara se está paralizado ou non". 

Engade Espazo Común que "non ter recibido resposta fainos sospeitar que non se fixo nada". En consecuencia, proceden a recoller as sinturas dos afectados "para aportalas ao vindeiro pleno xunto cunha moción esixindo que se diga a verdade dunha vez e que se cumpra o acordado e a promesa feita aos veciños de Arcos", conclúe esta formación da Corporación municipal do Carballiño.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/espazo-comun-recolle-sinaturas-cobro-do-lixo-arcos/20200529221019949449.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons