aulas abertas

Estupenda xornada no Castro do Outeiro

Un dos arqueólogos explica o traballo que están a realizar neste espazo.
photo_camera Un dos arqueólogos explica o traballo que están a realizar neste espazo.

Neste espazo estase a facer unha intervención arqueolóxica da que os escolares de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía foron testemuña

Un grupo de preto de cen nenos e nenas de Infantil e Primaria dos colexios Baños de Molgas e Padre Crespo gozaron hai uns días dunha visita didáctica ao Castro do Outeiro, ubicado entre Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía.

Hai dous meses que se comezou a escavar neste xacemento castrexo e, entre outros descubrimentos, destaca un horreo. Aproveitando a presenza de dous arqueólogos que están a traballar neste espazo, no marco dun proxecto Leader, os escolares exploraron, observaron e escoitaron todo o que estes dous profesionais lles explicaron sobre esta tarefa que están a levar a cabo estes días.

A experiencia foi un éxito xa que os nenos amosaron moito interés en toda a información que lle estaban a proporcionar os arqueólogos e tamén tiveron a oportunidade de formular varias preguntas. 

Ao remate da visita e pese a que a choiva se sumou á festa en algún que outro momento, a xornada de convivencia entre estes dous centros educativos continuou cunha comida campestre na Área Recreativa de A Acea, onde todos xuntos comentaron todo o que aprenderan, xogaron e pasaron unha estupenda xornada de convivencia que a bo seguro repetirán nun futuro. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar