FESTA DO BOI

Os expertos debaten sobre o Boi na historia de Allariz

21.04.17.ALLARIZ.FOGAR DO MAIOR.ACTO INAGURAL.FORO BOI.ANTONIO BLANCO,BEATRIZ VAZQUEZ DIAZ,VIRXILIO RODRIGUEZ,FRANCISCO GARCIA.
photo_camera 2Intervención de Antonio Blanco durante o acto de inauguración do congreso Foro Boi 700.

Medio cento de persoas participaron no congreso que se celebrou na vila

Medio cento de personas participaron ao longo da xornada de onte no congreso Foro Boi 700, que organizou a Asociación Cultural Xan de Arzúa en Allariz. O fogar dos maiores alaricano foi o esceario polo que pasaron investigadores, profesores, estudiantes e moitas persoas interesadas nos temas que se sometían a debate.  

O historiador Antonio Blanco, xunto co alcalde, Francisco Rodríguez, e o vicerreitor do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, foron os encargados de abrir o foro.De seguido, Francisco Javier Pérez, profesor de Historia Medieval, ofrecía a primeira ponencia, sobre o Allariz do século XI ao XIII e sucedíao no estrado Beatriz Vaquero, profesora tamén de Historia Medieval, quen analizaba as fontes históricas da vila.

Logo dunha pequena pausa, María Gloria de Antonio Rubio, investigadora do CSIC, analizaba a presencia dos xudeos en Allariz, aportando moitos datos sobre esta comunidade e a evolución da súa presencia na vila, na que comezaron asentándose na zona baixa, detrás da muralla, e acabaron na zona alta. Sinalou que o seu número foi menor do que se cría, convivindo cunha comunidade moito máis ampla, como era a cristiana.

JuanAntonio Seara Ferro, técnico de Cultura do Concello de Allariz, analizou o Allpariz do século XVIII e a Festa do Corpus, parte da tese doutoral na que está a traballar. Unha mesa redonda, na que participaron todos os relatores que interviñeran ata ese momento puxo fin á xornada matutina.

Xa pola tarde, Arnoia Bouzas, menbro do Mestrado de Antropoloxía Cultural da Universidade de Boloña, expuxo o esforzo e iniciativas que se levaron a cabo no eido pedagóxico para divulgar a Festa do Boi. José Martínez Crespo, profesor de Historia, analizou a figura de Xan de Arzúa, comparándoa con outras figuras moi semellantes, aínda que cada unha coas súas connotacións, como pode ser o Xan Carallás de Redondela.

As dúas últimas intervencións do Congreso correron a cargo de Pablo Sánchez Ferro, director do Arquivo Histórico Provincial de Ourense, que analizou documentación de Allariz a través dos séculos, e Anselmo López Carreira, profesor da UNED, que abordou o urbanismo do Allariz Medieval. Unha mesa redonda  cos relatores da tarde puxo o punto final ao Congreso.

O historiador  Antonio Blanco, organizador e coordinador do congreso, amosaba a súa satisfacción "porque se cumpríu a idea matriz que perseguiamos: una vez recuperada a Festa do Boi, queriamos dar resposta a por que corre o Boi por Allariz e cremos que o congreso tivo o éxito que perseguiamos".

Te puede interesar