COLE A COLE

Expertos mediadores á hora de resolver conflictos

VIANA DO BOLO 22/05/2018.- Reportaje Xornal Escolar Ies Carlos Casares de Viana. 1º ESO. José Paz

No IES Carlos Casares traballan pola igualdade, a resolución de problemas mediante o diálogo e nas tic´s para dar a coñecer ao mundo todos os seus proxectos e inquetudes

Nun entorno rural e polo tanto privilexiado, onde se respira pureza e paz está ubicado o IES Carlos Casares de Viana do Bolo. Esta pureza e paz do entorno contáxiase nas aulas do centro en forma de respecto, convivencia e loita pola igualdade, ben é certo que toda a comunidade educativa traballa arreo para que estes principios sexan cada día unha realidade.

O IES Carlos Casares conta cun equipo de mediadores que se ocupan da resolución de conflictos mediante o diálogo. Para levalo a cabo, dúas partes enfrontadas recorren, voluntariamente, a unha terceira persoa imparcial, para chegar mediante o diálogo, a un acordo satisfactorio. Dentro deste proxecto destaca a particiación do alumnado do centro nos "VI Encontros de centros para unha convivencia positiva", celebrados os días 20 e 21 de abril, en Muros, no IES Plurilingüe Fontexería.

O Carlos Casares no ámbito da mediación, está inmersos  Rede de mediación escolar Xesús R. Jares, co obxectivo de difundir unha cultura de paz que se plasme na escola, pero tamén fóra do centro: no ámbito familiar, cos amigos e na convivencia en xeral. Así comparten as accións que levan a cabo neste senso en Viana do Bolo con escolares de América Latina, concretamente de Colombia. Cada curso, un par de profesores do Carlos Casares viaxan ao CCEE Reyes Católicos de Bogotá para compartir os seus avances e proxectos no ámbito da mediación.

Ademais da resolución de conflictos e dunha convivencia pacífica, neste instituto de Viana do Bolo realizan un gran traballo por dotar ao centro dos medios tecnolóxicos máis punteiros. É fundamental que o alumnado se manexe ben nas tecnoloxías relacionadas coa comunicación e a información. Para elo contan cunha materia, en Tic´s 2 sobre robótica, dispoñen de todas as aulas equipadas con pantallas e cañóns dixitais, contan con dúas aulas de informática con 35 equipos e están nas redes sociais. Viana, polas súa situación, é moitas veces un entorno pechado e desde o instituto queren abrirse ao mundo e amosar todos os proxectos tan interesantes que realizan os mozos e mozas deste centro de ensino.

Outra das apostas do IES Carlos Casares pasa polas actividades de intercambio e as saídas culturais. Actualmente realizan intercambios cos centro Lycée Polyvalent André Malraux, de Montereau-Fault-Yonne; e en outubro acudirán ao IES bilingüe Checo-Español de Brno.  No tocante ás saídas, procuran primeiro coñecer o magnífico entorno de Galicia, para continuar polo Norte de Portugal e despois xa acudir a grandes cidades como Lisboa, Madrid ou París.

O profesorado do centro traballa continuamente pola igualdade e para elo organizan grupos de traballo sempre mixtos na aula, buscan romper os estereotipos neste tema e organizan actividades durante todo o curso relacionadas coa temática de igualdade.

A Consellería de Educación é tamén para o IES Carlos Casares unha fonte de iniciativas e proxectos. Participan no de Mellora de Convivencia, no Plan Proa e en sete variantes do Proxecta, destacando especialmente "Galicons", sobre consumo responsable. Así realizan un traballo conxunto co CEIP Eduardo Ávila Bustillo de A Veiga, aos que acudiron alumnos e alumnas do instituto para amosarlles os proxectos de robótica nos que estaban inmersos. O IES Carlos Casares tamén mantén unha estreita colaboración con outros centros de Primaria da contorna.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma