OURENSE NO TEMPO

Facendo a historia do fútbol ourensán

photo_camera Club Numancia (Fotografía propiedade de Manuel Outeiriño.)

A Unión Deportiva Ourense, nestes días asinou o ascenso directo a falta de sete xornadas.

A Unión Deportiva Ourense, nestes días asinou o ascenso directo a falta de sete xornadas. No terreo de xogo non se pode facer mellor; agora, se lles chegáse un pouco de axuda de toda a cidadanía (incluídas autoridades), os éxitos futuros están asegurados.

Eu como sempre funme cara atrás pra recuperar outros equipos da cidade, que se non me equivoco foron dos primeiros; os que tiñan como centro de xogo o Campo de Aragón (pra os mozos recórdovos que así se chama a explanada que está na traseira do convento de San Francisco, antigo cuartel), o vello campo Loña e calquera leira das moitas que había naqueles tempos pola cidade.

A primeira foto fai uns cinco anos que ma presto o meu amigo Manolo Outeiriño, e como daquelas, hoxe sigo intentado pescudar os nomes dos xogadores, si tedes algún dato...

Nos anos vinte tiñamos unha gran afección ao deporte do balón, por todos lados xurdían equipos, o problema era a falta de medios, que gañas xa puñan os mozos. Ao prestarma Manolo Outeiriño pediume que se é posible, gustaríalle saber se algún destes aguerridos raparigos segue entre nós; terá á día de hoxe ao redor dos 100 anos; sabemos que ademais de D. Leopoldo Gallego están Garrido, Blanco, Humberto, Peliquín, Cabanelas, Paco e Guerrero, se alguén sabe algo deles, agradeceriamos désenos noticias. A foto foi obtida no Campo Loña supostamente por don José Pacheco.

O Clube de Fútbol Triunfo fusionouse cara ao ano 1921 co Futbol Clube Royal (desa época tamén era o Galicia, pero iso é outra historia),dando lugar o Orense Futbol Club (ainda que algún dos meus amigos non esta dacordo con ese dato, e afirman que nun primer momento o nome do clube fusionado foi Clube Imperio).

A fotografía de Norberto ten un valor engadido, e é a presenza dun gran afeccionado ao fútbol: Alexandre Bóveda.

Fai uns anos, coa axuda doutro personaxe de Ourense, foise dando nome á maioría dos retratados no campo Loña en 1920. Este personaxe foi Don Armando Fernández Mazas (Chocolito), e o resultado foi este, de esquerda a dereita: vestido con chaqueta e unha banderola na man, o mozo Alexandre Bóveda (17 anos), Camilo, Elpidio Tabarés Merino (Norberto coñecíao ben), José Sánchez Moure, Armando Fernández Mazas (Chocolito), Eduardo Sánchez, Genaro (Gorrión), Jesús Goyanes, Paco Reverter, Eduardo Álvarez. Sentados: Enrique Gutiérrez e Antonio Gómez.

Por se xa a fotografía tivese pouco valor con este cadro de persoal, detrás dos xogadores, e como sempre facendo gala da súa elegancia, aparece con chapeu o entrañable "Chaviñas".

Te puede interesar