Imprimir

A Facultade de Belas Artes cumpre 25 anos forxandop artistas

REDACCIÓN | 05 de noviembre de 2015

De la Iglesia, García, Chavete, Meana, Barcia, Hernández e Roselló, en primeiro termo, son os sete decanos cos que contou a facultade.
De la Iglesia, García, Chavete, Meana, Barcia, Hernández e Roselló, en primeiro termo, son os sete decanos cos que contou a facultade.

Celebrouse hai uns días o cuarto de século da entidade académica cunha xornada de portas abertas e múltiples actividades.

No outono de 1990, a que fora a sede do antigo Fogar Provincial de Pontevedra, na rúa Sierra recibía aos primeiros alumnos e alumnas de Belas Artes, unha titulación que botaba a andar ao mesmo tempo que a propia Universidade de Vigo. 25 anos despois, tanto a institución académica como a Facultade de Belas Artes, emprazada desde hai xa dúas décadas no antigo cuartel de San Fernando, conmemoran este 2015 o seu primeiro cuarto de século de historia.

Unha efeméride que este centro do campus pontevedrés celebra hoxe venres abrindo as súas portas á cidadanía e aos artistas e as artistas forxados no seu interior ao longo de 25 anos. “A nosa idea fundamental é visibilizar o que fai a facultade entre a sociedade”, salienta a actual decana, Silvia García, dun programa de actos no que ás lembranzas do percorrido realizado e ao debate sobre o futuro súmanse visitas guiadas ás instalacións, un mercadiño de creacións artísticas ou a estrea dunhas novas vitrinas expositivas na entrada do centro.

“Sodes os que máis nos axudades a facer o que aspiramos a facer, que é que a xente nos queira”. Con estas verbas pechou o reitor, Salustiano Mato, o acto institucional co que tamén se pechou a xornada de celebración nun salón de actos que estreaba unha renovada imaxe, froito da intervención artística que un grupo de estudantes realizou baixo a coordinación da profesora Almudena Fernández e coa colaboración da empresa Plymouth.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/universitas/facultade-belas-artes-cumpre-25-anos-forxandop-artistas/20151105171142579408.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons