CULTURA

Fallece o escritor ourensán Xosé Fernández Ferreiro

xose
photo_camera O escritor ourensán Xosé Fernández Ferreiro, nunha foto de archivo.

Natural de Nogueira de Ramuín, o xornalista morreu onte na súa casa de A Coruña por mor dun infarto

Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931-2015) morreu onte na súa casa de A Coruña. O xornalista e escritor padecía unha enfermidade que se lle identificou dous meses atrás e onte sufriu un infarto que apagou a súa literatura.

A súa prolixa traxectoria como escritor e xornalista únese ao seu compromiso inquebrantable co país e a lingua. De mozo, Fernández Ferreiro participou no mundo intelectual formando parte do grupo Brais Pinto, en Madrid, e en 1975, con 'A morte de Frank González' -ilustrado por Luís Seoane-, converténdose en pioneiro ao publicar a primeira novela en galego do xénero wéstern.

Te puede interesar