Opinión

Festival de San Remo

Diodato, gañador do Festival de San Remo.
photo_camera Diodato, gañador do Festival de San Remo.

Como me gustan os Países que respectan a tradición e son fieis ao seu! É o caso de Italia cos seus máis consagrados intérpretes e sobre todo co seu mimado Festival de San Remo, que ven celebrándose desde 1951. Tantos anos despois, coa pincelada de tecnoloxía xusta e coa clase que rezuma desde o patio de butacas, onde os traxes de noite e os esmoquins seguen sendo protagonistas, a gran orquestra do festival segue sendo a protagonista dos cinco días de competición que teñen paralizado ao País, e non esaxero, os seus datos de audiencia van moi por enriba de calquera outro acontecemento; nesta 70 edición congregou diante da pantalla nalgún dos seus día a máis de 12,5 millóns de espectadores, sen contar toda a lexión de eurofáns que viron o evento a través de internet para saber quen representará a Italia en Eurovisión, que non será outro que Diodato, que coa fermosa canción “Fai Rumore” subirá ao escenario de Rotterdam o próximo 16 de maio. Apostade algo a que España volverá a darlle os doce puntos aos italianos como facemos moitas veces, aínda que non sexamos correspondidos. Neste noso País sempre acollemos con moito cariño aos artistas chegados desde o País da bota, desde os tempos de Doménico Modugno ou Gigliola Cinquetti, Adriano Celentano, pasando por Albano, Nícola di Bari, Mina, Ornella Vanoni, Sandro Giacobbe, Gianni Morandi, Patty Pravo, Umberto Tozzi, Iva Zanicchi, Eros Ramazzoti, Raffaella Carrá, ou Laura Paussini, Franco Battiato, Andrea Bocelli ou Zucchero por nomear algúns dos que fixeron ou seguen facendo as Españas cos seus éxitos. Todos eles pasaron en competición ou exhibición polo Festival de Sanremo ao longo da súa carreira cantando en directo acompañados, repito, pola fantástica orquestra do festival; un luxo do que Eurovisión quixo desfacerse hai bastantes anos para desgraza do espectáculo e vergoña do mundo da música. 

Saben moi ben os italianos como combinar a tradición e a solera de San Remo cos novos tempos, con convidados mediáticos, tipo Cristiano Ronaldo, que ademáis de estar no patio de butacas aplaudíu a rabiar a unha das presentadoras que non era outra que a súa parella Georgina Rodríguez, que ademáis de chegar en helicóptero e cobrar a escalofriante cifra de 140.000 euros por unha noite de presentación, competíu en escote coa sempre recordada Sabrina Salerno, que recreou 33 anos despois o seu “Boys Boys Boys” co que nos alucinara a todos aquel fin de ano de Pilar Miró en TVE onde exhibíu todo o seu poderío.

Sanremo non é a antesala de Eurovisión para os italianos, é a súa gran cita anual co mundo da música, sen demasiados artificios que distraigan do realmente importante, algo parecido o que ocorre co máis modesto Festival da Cançao dos nosos veciños portugueses, evento que tamén miman con esmero e que lle reporta á RTP cada ano unha cuota importante de audiencia. Estamos falando de países onde saben combinar perfectamente os novos fenómenos que van saíndo cada ano cos grandes da música de todos os tempos, países onde figuras como a nosa Mari Trini non caerían xamáis no esquecemento. E é ben curioso tamén que este Festival aparentemente tan clásico sexa seguido por unha poboación xoven realmente alta, no que nunca faltan figuras como o oscarizado cineasta Roberto Benigni que non deixou pasar a ocasión de parodiar ao controvertido político ultra Matteo Salvini. Foi un dos momentos máis vistos dos cinco días de Festival. E iso está ben. 

Te puede interesar