Cartas al director

Filla e neta preocupada

Son funcionaria, mestra, pero antes do mundo da docencia estiven traballando nunha multifuncional xa que tamen son licenciada en ADE... co cal entendo perfectamente o impacto económico que está crisis ten e terà no noso país.

Non teño ningún tipo de interés político...  defendo sempre independientemente de que sexa o partido a aquel que creo q toma as mellores medidas.
Con todo esto, quero expor a miña preocupación polo sector da construcción nestes días de #quedomenacasa. Eles non poden. Os contratos da Xunta non se paran, e eles teñen que chegar a data establecida. Seino de primeira man, meu pai è aparellador.

Pero meu pai vive coa miña nai e avoa, que non saen, cumplen todo o establecido... meu pai chega todos os días a casa, non sauda antes de pasar pola ducha, meter a roupa na lavadora e intentar estar o mais separado da miña avoa posible... "protexamos os nosos"...  alguen me explica cómo podemos facer se este sector non se para? 

A empresa non para porque non existen ordes "de arriba" e os curritos a traballar... a intentar facer encaixe de bolillos para tomar todas as medidas posibles.
Falamos dos sanitarios, transporte, farmacias, alimentación... por suposto sectores básicos nestes momentos... pero realmente a construcción é imprescindible nestes momentos?

Entendo o impacto que esto tería... pero será mellor parar 15 días que estar así meses. A min doenme os meus, e quero protexelos. E como non sei que mais facer que lavarme as mans e manter a distancia de seguridade... quero que alguen de "arriba" os protexa por min.

Todos somos responsables, e os que escollemos teñen a responsabilidade de protexernos, por elo pido encarecidamente a la Región que se faga eco do sector da construcción na prensa e nos medios, e se poden plantexen a pregunta na posible rolda de preguntas que se fan o presidente da Xunta. É o sector da construcción un sector básico nestos momentos?

Alba López
(Ourense)