Axenda cultural

As "Flores de cine" suman artes

photo_camera Espectadores nun dos filmes do ciclo.

Microteatro e música son as novidades que oferta este evento de verán, organizado no barrio das Flores polo Cine Club do Carballiño

Outro ano máis, os carballiñeses poderán disfrutar de tres xornadas culturais grazas ao cineclube da vila. Flores de cine celebrarase os días 10, 11 e 12 de xullo no barrio das Flores, ás 22,30 horas. "Aquí é onde se iniciou a construción do Carballiño, na zona antiga. É un bo espazo porque está ao colleito e é ideal para facer esta actividade ao aire libre", explica Miguel de Cabo, un dos responsables do cineclube e deste evento, que se celebra "no seo cultural da vila, para intentar dinamizar a actividade cultural, algo que sempre estamos facendo. A idea de Flores de cine foi ampliar as proxeccións semanais na nosa sala, para facer algo no exerior", comenta De Cabo. 


"Un País de cinzas"


A primeira xornada será mañá, co visionado do documental "Un país de cinzas" de Zelia García (Galiza Contrainfo). "Este filme mostra a devastación dos incendios do pasado outubro en Galicia", fálase con veciños afectados, coas persoas que loitaron por estinguir os lumes, e como viviron eses tráxicos momentos. Ademais, a continuación, haberá un coloquio coa directora do filme, que estará presente nesta xornada. 

O mércores haberá unha novidade con respecto as anteriores edicións de Flores de cine: "Decidimos facer algo diferente este ano, e por iso teremos unha obra de microteatro, 'Naturezas', interpretada por Carla Fernández e Aarón Gallego", explica o organizador. A continuación, proxectarase un clásico do cine, "Casablanca", a historia de amor entre Humphrey Bogart e Ingrid Bergman, co telón de fondo do nazismo.


Para rematar, concerto


O terceiro día tamén presenta novidades, ao engadir música a este ciclo, "no que tradicionalmente se reproducían pelis independentes". Despois da proxección de "O séptimo selo", de Igman Berman, "Anxo Blas ofrecerá un concerto, onde soarán as cancións do seu primeiro disco, pendente de financiamento", adianta De Cabo. 

Te puede interesar