INFRAESTRUCTURAS

A folga en Renfe transcorre "sen incidencias" en Galicia

A empresa cifra no 6% o seguimento da folga a nivel nacional, e CC.OO. elévao até o 75%. A folga contabiliza 60 trens cancelados

A folga convocada por Comisións Obreiras (CC.OO.) no operador ferroviario Renfe arrincou "sen incidencias" en Galicia, aínda que afectará a un total de 62 trens de Ancho Métrico, Media e Longa Distancia con chegada ou saída desde a Comunidade galega.

Así, segundo fontes de Renfe consultadas por Europa Press, durante as primeiras horas da folga non se rexistraron incidencias. Esta xornada de paro, que se prolongará até as 23,00 horas deste luns, cancelaranse máis de 60 trens que circularían por Galicia, dos cales 33 correspóndense a Media Distancia.

Entre eles, a conexión entre Vigo e A Coruña sufrirá polo menos dúas cancelacións, a das 11,15 horas e a das 17,25 horas, polo que afectará tamén as paradas intermedias, como Santiago de Compostela.

Pola súa banda, desde A Coruña cancelouse o tren con destino a Vigo das 11,00 horas. Tampouco circularán os que se dirixían á capital galega ás 13,15 horas e ás 22,10 horas. Outros trens que serán cancelados son o Vigo-Ourense das 11,15 horas, mentres que o Vigo-Madrid das 22,15 horas sufrirá atrasos, segundo indica a web oficial da compañía.

A conexión entre Vigo e Ourense tamén se verá afectada ás 12,08 horas e ás 19,13 horas, así como Ferrol-A Coruña, que non circulará ás 14,12 horas e ás 20,40 horas. Todas as cancelacións están especificadas na páxina de compra de billetes da empresa.


Nacional


A nivel nacional, Renfe cancelou 320 trens dos programados para este luns, 107 deles de AVE e Longa Distancia, ante a folga. Así se desprende dos servizos mínimos ditados polo Ministerio de Fomento ante o paro, de 23 horas de duración.

Os trens de Renfe incluídos en servizos mínimos circulan con normalidade na xornada de folga convocada na compañía ferroviaria por parte de CC.OO. para este luns, coincidindo coas vacacións de verán, segundo indicaron a Europa Press en fontes da compañía ferroviaria e o sindicato.

A resolución de servizos esenciais ditada ante o paro por parte do Ministerio de Fomento garante a circulación de 280 trens de AVE e Longa Distancia, o 72% dos inicialmente programados para esta xornada, o que supuxo cancelar 107 trens.

Ademais, establécese que saian 390 trens de Media Distancia (rexionais), o 65% dos previstos, após a supresión de 213, e o 50% do servizo de proximidade, porcentaxe que se eleva até o 75% en `horas punta`.

"O feito de que se consideren abusivos os servizos mínimos non implica que non se respecten", aseguraron a Europa Press fontes de CC.OO. que engadiron que a xornada de paro discorre con normalidade e mesmo "menos incidentes que calquera outro día".

"Os servizos mínimos funcionan con normalidade", coincidiron en informar en fontes de Renfe, que cifraron no 6% o seguimento do paro entre os traballadores.

A compañía ferroviaria detallou que dun total de 4.291 empregados que podían sumarse ao paro por non estar incluídos en servizos mínimos ou de vacacións, secundárono 260.

Pola súa banda, o sindicato convocante estima en entre un 70% e un 75% a porcentaxe media de adhesión nas distintas provincias, aínda que se rexistran "puntas de até o 80%" en lugares como Madrid.

CC.OO. convocou esta xornada de paro de 23 horas para protestar porque a empresa "incumpriu" o pactado respecto das tres principais materias do novo convenio, isto é, "xerar emprego, reducir a xornada e aumentar o soldo".


Día de "excepcional movemento de viaxerisos"


A folga ten lugar en "unha xornada de excepcional movemento de viaxeiros", tal como Fomento subliña na súa resolución de servizos mínimos.

"Coincide a mobilidade propia dun luns laborable co final e inicio de quincena vacacional, afectando tanto os servizos de proximidade, como aos de Media Distancia e Longo Percorrido", argumenta o Ministerio.

Para os viaxeiros daqueles trens non incluídos en servizos mínimos Renfe ofrece mínimos cambiar o billete para outro tren de este mesmo luns, sempre que sexa posible, ou ben anulalo ou cambialo de data.

Te puede interesar