Vicepresidente segundo de la Fegamp

FRANCISCO GARCÍA: 'O Envellecemento dos concellos do interior agrava a súa financiación'

Francisco García Suárez (Foto: MARCOS ATRIO)
O rexidor alaricano repite, por terceira vez, como representante do BNG na Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), en calidade de vicepresidente segundo.
A presencia ourensán na Executiva, algo bo traerá á provincia?
É importante facer fincapé nas necesidades dos pequenos concellos e é bo que o municipalismo da Galicia interior teña presenza na Fegamp.

Foi difícil consensuar a lista?
Dende os concellos gobernados polo BNG puxemos como condición que se respetara a nosa proporcionalidade e, na medida que se aceptou, non tivemos ningún problema en participar na lista conxunta.

Cales son os retos que debe afrontar o municipalismo?
Iniciamos este mandato ca intención de concretar e lograr as reivindicacións que temos os concellos galegos. Por unha parte está a mellora da financiación local; ás reclamacións á Xunta polos recortes que está a efectuar en diferentes programas e tamén a demanda dun comportamento obxetivo e con transparencia en relación cas axudas que desenvolve porque, en moitos casos, favorece exclusivamente aos concellos do PP.

Cal sería o principal problema?
Hoxe temos a premura da resolución da situación financieira que, nos concellos pequenos e do interior, vexe agravada polo envellecemento e dispersión da poboación.

Cómo os solucionaría?
No ámbito financeiro nós temos solicitado na Fegamp que se incremente, a través dos fondos de cooperación local, un fondo non finalista de ingresos que os concellos poidan utilizar para a financiación dos seus programas. Porque moitos dos recursos que recibimos a través de diferentes ordes de subvencións da Xunta, que son ademais muy complexas na súa tramitación, chegan tarde, mal e arrastro. Obviamente tamén pedimos que se corrixa a financiación estatal para que se tengan en conta as variables da extensión dos núcleos.

Qué lle diría a quenes critican o “partidismo” da Fegamp?
A existencia de pluralismo e forzas políticas non é algo negativo, mesmo nós fixemos a proposta de que puideran estar nos órganos da Fegamp alcaldes de concellos independentes. A min me parece que o que hai que criticar son decisións concretas.

Penso que, a corto prazo, a fusión de concellos por si mesma non arranxa ningún problema e que hai que apostar por outras fórmulas de cooperación municipal. O que si defendemos é a supresión das diputacións, que quedaron sin un marco competencial específico.

Te puede interesar