xornadas

As fundacións do Grupo Nós perfilan o centenario

OURENSE(Amoeiro)  29/09/2018 Pazo Wikimerato en el pazo de Traslaba.Iago Cortón
photo_camera Formación en Wikipedia no Pazo de Trasalba.

Encontro no Pazo de Trasalba para impulsar propostas de cara a 2020

A Fundación Otero Pedrayo inaugurou na xornada de onte as nova tempada de actividades culturais no Pazo de Trasalba. Durante a mañá, o espazo acolleu a representantes da Fundación Vicente Risco e Losada Diéguez, cos que os locais conversaron sobre os pasos a seguir para traballar conxuntamente e impulsar propostas novas. Un dos puntos a tratar foi a futura celebración do centenario da creación da Revista Nós, que terá lugar no 2020, así como os pasos a seguir durante os próximos meses. "Foi unha reunión moi interesante e que nos servirá para tirar xuntos do carro da cultura galega", explica Afonso Vázquez Monxardín, secretario da Fundación Otero Pedrayo.

Por outra banda, a xornada de onte tamén serviu como formación da Maratón Wiki-Nós que se levará a cabo o próximo 20 de outubro, unha actividade conxunta que pretende completar a información existente do grupo literario na rede. Para iso, Adrián Estévez, administrador da Galipedia, introduciu aos participantes nas características e mecanismos desta páxina web. Entre os alumnos houbo tanto profesores como membros das diferentes fundacións, que coñeceron o procedemento para subir artigos, editar páxinas xa publicadas, vinculalas ou engadir novas fotografías. "Wikipedia é a terceira páxina web máis visitada de todo o mundo, polo que é moi importante aparecer nela, senon é coma se non estiveras no mundo", matizou Monxardín.

Te puede interesar