ENTREVISTA

“O futuro pasa por dar clases semipresenciais"

A ourensá Judit Vega.
photo_camera A ourensá Judit Vega.
A ourensá Judit Vega dirixe a UNED nas Illas Baleares

Dende Mallorca a ourensá Judit Vega non descansa. Alí dirixe desde finais de 2019 a UNED das Illas Baleares. Este ano, pese ás dificultades da pandemia, a súa sede converteuse na referencia en cursos de verán coa oferta más ampla de España, 17. Anteriormente dirixiu o centro de Berna, Suiza, e sendo "hiperactiva" como se describe, non parou ata conseguir unha variada gama de cursos que xa son un "éxito" na UNED balear.

É importante seguir formándose no verán?

É unha boa época para seguir estudando e nós este ano petámolo. Temos 17 cursos e contamos con 2.600 matriculados. É moitísimo e nun só anotaráronse 516 persoas. Somos o centro con máis oferta e hai moito interese polos cursos, non sei se por culpa da covid que non queren saír da casa e prefiren esta forma educativa.

E sitúanse como un centro de referencia nestes meses.

Outros centros decidieron non ofrecer cursos de verán porque era moito traballo, había que facelo dende a casa para entregar os informes dos cursos en plena pandemia. Eu falei co director, porque quería ter liberdade para decidir. Tiven permiso e somos o centro con máis cursos e con éxito total. 

Adaptáronse aos novos tempos?

Antes facíanse presenciais e en liña, agora tivemos que cambialo. Os cursos seguen en liña, ofrecéndose en directo e tamén contamos coa opción en diferido. Están dirixidos a todas as persoas para que os podan facer en calquera lugar, ademais que se lles entrega un crédito por cada un. Iso é un valor engadido de recoñecemento.

E con caras coñecidas como a actriz Isabel Blanco.

Témola a ela no curso "Mentira versus verdad y viceversa. La reinvención, falsificación y manipulación de la realidad y sus consecuencias sociales", no que participamos eu e o sociólogo Lluis Ballester como galegos. É un dos cursos estrela que xa conta con máis dun cento de matriculados. Tratei que fosen pluridisciplinais dirixidos a todas as persoas, independentemente da súa formación previa. 

Como afrontan o futuro educativo trala covid-19?

Na UNED os exames van ser outra vez en liña en setembro. Pensamos que non se poderá comezar o curso presencial xa que o futuro da universidade pasa por unhas clases semipresenciais. Nós ofrecemos a posibilidade que vivan a vida universitaria coa liberdade de seguir traballando ou conciliando coa familia.

A UNED xogou con ventaxa?

Todo o mundo nos decía que xogabamos con ventaxa. Un pouco si, porque temos o sistema e a plataforma para traballar en liña, pero as nosas tutorías son todas presenciais. Niso afectounos moito, nun día había 80 e fixéronse na a casa. Cos exames ocorreu o mesmo, sempre foron presenciais e desenvolvemos un novo programa en liña. Nestes aspectos foi tan complicado para nós como para outras universidades. 

Te puede interesar