entrevista - vida

Gonzalo Abelairas: ao son e baile tradicional

OURENSE (LOCAL ASOCIACIÓN OURENSANA DE FOLK TRADICIONAL). 24/01/2018. OURENSE. Fotografías para portada del suplemento VIDA con Gonzalo Abeleiras, profesor de música en la Asociación ourensana de folk tradicional (AOFT). FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Gonzalo Abelairas.

A admiración e a paixón pola música e o baile galego marcan o transcorrer do día a día de Gonzalo Abelairas. Director da Asociación Ourensana de Folclore Tradicional, AOFT, mestre de gaita e percusión e músico, leva a súa teima de dar a coñecer os nosos sons, cantos e bailes tradicionais alá por onde vai

 

Gonzalo Abelairas deu comezo no mundo da música de cativo, no conservatorio de Ourense, indo a clases de piano e onde fixo o grado elemental. Pero non foi ata que tivo 23 anos cando lle picou o “verme” de aprender a tocar a gaita, momento no que se anotou na “Aula de Música Tradicional Gomes Mouro” de Ourense para comezar a estudiar o instrumento. Gracias a eles, todo o que lle inculcaron, ver o traballo que facían e seguen facendo de investigación, recolleita... esa xenerosidade absoluta, fixeron que se formase como son. A eles estaralles eternamente agradecido.

Logo estudiou gaita no conservatorio Mayeusis en Vigo, onde se titulou en música como mestre da especialidade de gaita, á vez que seguía estudiando en Ourense e continuou a súa formación, asistindo a multitude de cursos, non só de gaita.

Dende o ano 2006 ao 2010, participou en concursos tanto de cuartetos con “Abelente” como de solista acadando varios premioOURENSE (LOCAL ASOCIACIÓN OURENSANA DE FOLK TRADICIONAL). 24/01/2018. OURENSE. Fotografías para portada del suplemento VIDA con Gonzalo Abeleiras, profesor de música en la Asociación ourensana de folk tradicional (AOFT). FOTO: ÓSCAR PINALs, inda que se queda co traballlo feito, horas de estudio, sudores, risas, todo o aprendido e toda a xente que coñeceu e coa que compartiu momentos xeniais.

É vostede director da Asociación Ourensana de Folclore Tradicional, AOFT, cóntenos, que labores levan a cabo?

Dende a entidade impartimos clases en escolas e asociacións de toda a provincia de Ourense e incluso de fora das nosas fronteiras. Tamén no local sito en Barrocás damos clases dende fai 18 anos que foi cando se abriu. Co noso traballo buscamos recuperar, dar a coñecer e dignificar a música tradicional.

Cal é a súa labor concretamente na entidade?

Considero o meu traballo como a de guía, penso que o mestre ten que ser iso, unha axuda, orientador, unha guía para tratar de axudar na formación, coñecer o instrumento e comprender o que se está tocando, (dentro das miñas posibilidades) e sobretodo tentando facer tamén que disfruten, sobretodo iso, que disfruten, que coñezan a música tradicional, saiban valorala para que logo lles sirva de base para o que queiran facer.

Como ve a música e as tradicións de Galicia na actualidade? 

Todo o que engloba a música tradicional galega, música, baile, canto... sempre o vin como algo impresionante, cunha riqueza e variedade enorme. Pero creo que aínda queda camiño que percorrer, precisamos mirar máis cara o noso, coñecer de onde vimos e sobre todo valorar o noso, sen complexos e sen pensar que é mellor o de fora.

Como músico, que é o que máis lle gusta?

Unha cousa que me gusta moito é enredar coas notas e compoñer temas para gaita, poder aportar composicións e arranxos para os distintos grupos que xurden da escola. É moi satisfactorio escoitar as túas, inda que modestas creacions, na man do alumnado.

Que lle aporta a música e a tradición á súa vida? 

Hoxe en dia é o meu dia a dia, dando clases e preparándoas durante a semana. A verdade que é complicado xa que o traballar en asociacións, concellos... tes grupos numerosos e de varios niveles dentro dun mismo horario, pero para min é moi gratificante, cando comezas a ver os resultados, cando ves disfrutar á xente co que fai...

Conténos, en que anda mOURENSE (LOCAL ASOCIACIÓN OURENSANA DE FOLK TRADICIONAL). 24/01/2018. OURENSE. Fotografías para portada del suplemento VIDA con Gonzalo Abeleiras, profesor de música en la Asociación ourensana de folk tradicional (AOFT). FOTO: ÓSCAR PINALetido agora mesmo?

Estou metido de cheo na docencia, a verdade encántame dar clases e poder aportar o meu grao de area na formación da xente, nos sitios onde imparto clases. No músical, máis centrado coa Agrupación De Pé Feito, formada por mestres e alumnos dos distintos sitios onde impartimos clases, para que teñan un espacio onde poder participar conxuntamente a maiores dos posibles grupos dos que forman parte.

Algún proxecto?

Encantaríame poder gravar un disco coa xente das distintas escolas xa que en non moito tempo a asociación cumplirá 20 anos. Sería un bonito xeito de celebralo e que poida participar todo o profesorado que pasou pola escola e que fixo posible que cheguemos ata aquí.

Te puede interesar