O RIBEIRO

O grupo Ribeiro en Común quere seguridade vial en Prexigueiro

Ribeiro en Común tamén vén de presentar outro escrito no Concello de Ribadavia no que pide se adopten medidas de seguridade vial nos accesos ás Termas de Prexigueiro

O estado de deterioro das beirarrúas na localidade de Ventosela, en Ribadavia, motivou onte ó grupo municipal de Ribeiro en Común á presentación dun escrito dirixido á alcaldía no que solicita se acometan arranxos nesta infraestructura. Ó respecto, demandan "a reparación parcial das baldosas e a substitución das máis deterioradas", xa que, aseguran, "poñen en importante perigo ás persoas de idade avanzada".

Por outra banda, o mesmo grupo municipal tamén vén de presentar outro escrito no Concello de Ribadavia no que pide se adopten medidas de seguridade vial nos accesos ás Termas de Prexigueiro, "tendo en conta a gran afluencia a este centro balneario". Entre elas, solicitan a instalación de sinais de limitación de velocidade e máis controles na zona por parte da Policía Local.

Te puede interesar