Medio Ambiente asesora a A Gudiña sobre o Fondo de Cooperación para rehabilitar vivendas

Medio Ambiente e A Gudiña
photo_camera Videoconferencia de Ángeles Vázquez e José María Lago. (Foto: cedida).
A Consellería de Medio Ambiente propón ao Concello de A Gudiña acudir ao Fondo de Cooperación para rehabilitar vivendas no municipio, ofrecéndolle o asesoramento do Instituto Galego de Vivenda e Solo

José María Lago, alcalde de A Gudiña, e Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, mantiveron unha reunión por videoconferencia este martes, na que se lle ofreceu á administración local a posibilidade de acollerse ó Programa de Cooperación cos concellos para levar a cabo actuacións de rehabilitación de inmobles e edificios, cos que obter vivenda pública ó servizo dos veciños.

Para avanzar neste obxectivo, a conselleira de Medio Ambiente explicoulle ó rexedor municipal as diferentes liñas de actuación do Instituto Galego de Vivenda e Solo -tanto no asesoramento técnico como no apoio económico-. 

Ángeles Vázquez recordou que o Fondo de cooperación é un instrumento para apoiar ós municipios de menos de 50 mil habitantes. "Facilítase ás entidades locais o financiamento necesario para acometer proxectos mediante a concesión de préstamos sen xuros", engade a conselleira.
Ademáis, Vázquez recalcou que esta opción permite ó Concello programar e adaptar o orzamento necesario para executar estas actuacións á demanda de vivenda real e ás necesidades de A Gudiña, neste caso.

Reserva da biosfera

Ademais, José María Lago fíxolle saber a conselleira o seu interese por declarar en A Gudiña unha Reserva da Biosfera, algo que queda pendente de estudo.

Te puede interesar