Salud | Entrevista

“Hai que esixir que alguén mire polo cancro de páncreas, leva anos estancado"

María Francisco, co cartel da proba.
photo_camera María Francisco, co cartel da proba.
O cancro de páncreas é un dos máis letais pero dos que menos becas ten para investigación.

O cancro de páncreas é un dos máis letais pero dos que menos becas ten para investigación. É por iso que María Francisco González (35 anos), especialista en aparato dixestivo desde hai seis anos e responsable da unidade de páncreas de toda a área sanitaria, invita á sociedade a participar na "Carrera de las ciudades contra el cáncer de páncreas", que se celebrará en grandes urbes o 24 de novembro, e tambén nunha pequena vila, Vilamartín de Valdeorras. O importe da inscrición dóase integramente á investigación. Pódese obter máis información en carreracancerpancreas.es.

Por que é tan preciso investigar?

Non é o máis frecuente de todos os cancros, pero é dos que maior taxa de mortalidade ten. Aos cinco anos despois de diagnosticalo, só sobrevive o 5%. Por que? Porque se fai un diagnóstico moi tardío, normalmente en fases avanzadas da enfermidade, non se pilla a tempo. E porque aínda hai que optimizar moito os tratamentos. A investigación faise imprescindible para atacar estes dous puntos débiles e chegar a un diagnóstico precoz e ter tratamentos cos que se poida dar máis esperanzas aos pacientes aínda que a fase do cancro estea evolucionada. Hai que ir aumentando a porcentaxe de xente que cura e vai adiante. Pero iso é cando o diagnosticas moi cedo. Hai que mellorar técnicas diagnósticas, en como cribar grupos de risco, porque hnon temos un programa de screening porque non é un cancro tan frecuente. 

Foméntase pouco a investigación en España? 

Sendo un cancro tan letal, é dos que menos becas ten a nivel tanto público como privado. Por iso xorden estas carreiras, para darlle resposta a un cancro un pouco olvidado. Non hai ningunha beca a nivel público que fomente a investigación en cancro de páncreas. Hai que esixir que alguén, desde arriba, mire por esta enfermidade. Levamos anos de estancamento, hai cancros coa supervivencia en aumento, menos o de páncreas e o de pulmón en mulleres.

Que forma de diagnosticalo cedo hai hoxe en día? 

O problema do cancro de páncreas é que nos estadíos iniciais pode estar silente, é dicir, crecendo en silencio; ou dar síntomas imprecisos e vagos que se poden superpoñer a enfermidades benignas e non podemos crear pánico na xente. Os primeiros síntomas son comúns a outras patoloxías: malestar, dor nas costas... Por iso, temos que ser honestos e non xerar alarma. Cando o cancro empeza a crecer e impide a drenaxe biliar, pode parecer coloración amarela da pel, perda de peso e apetito non xustificada. Aí empeza a medrar o tumor e podemos detectalo e poñelos sobre a pista. Pero o gran problema é que o tumor pode desenvolverse sen gran sintomatoloxía.

Que factores de risco favorecen o cancro de páncreas? 

Temos os modificables e os non modificables. Estes últimos asócianse á xenética, pero os modificables son o tabaquismo e a obesidade e sobrepeso. Outro dos non modificables é a idade, sabemos que a máis idade, máis probabilidade de que poida xurdir.  O normal é que se diagnostique entre os 65 e os 75 anos.

Unha vez que se diagnostica, que opcións de tratamento hai? 

Os especialistas en dixestivo facemos a primeira fase, logo intervén o cirurxián, radioterapeuta, oncólogos... Non é o mesmo o tratamento dun paciente en estadía inicial que con estadía avanzado. É determinante saber se a enfermidade está localizada ou diseminada, o que coñecemos pola metástase. Arredor do 20% dos diagnósticos son de cancros que poden ser operados.

Te puede interesar