formacion

O IES Chamoso Lamás dará robótica industrial

Estes ciclos teñen a particularidade de que as clases prácticas realizaranse tanto no propio centro educativo como nas empresas, que tamén inclúen módulos teóricos, e para as que existen becas

O IES Chamoso Lamas do Carballiño impartirá dous novos ciclos, un superior de Automizatización e Robótica Industrial, así como o ciclo medio de Electromecánica de Maquinaria. Comezarán neste centro educativo o próximo curso 2019/2020, sempre que se consiga o número mínimo de matrículas. Con tal motivo, o director do Instituto Chamoso Lamas, José Manuel Vázquez López, e o profesor e dinamizador de FP dual, José Luis Osorio Calles, ofrecerán o próximo martes unha charla no salón de plenos do concello para informar aos interesados.

Estes ciclos teñen a particularidade de que as clases prácticas realizaranse tanto no propio centro educativo como nas empresas, que tamén inclúen módulos teóricos, e para as que existen becas. A esta charla, que terá lugar ás 20,00 horas, tamén acudirá a concelleira Guadalupe Sobrado, e á mesma invítase a estudantes e pais interesados en ampliar información.

Te puede interesar