Evento

Inauguración de "Os Benfeito e os ODS"

11/12/2019
11:30 h
Centro Cívico A Ponte, Ourense
Os Benfeito exposición
Exposición

Presentar e inaugurar a exposición Os Benfeito e os ODS, organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e Mercadona, cuxo obxectivo é dar a coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) á cidadanía e concienciar sobre a importancia de adoptar hábitos respectuosos co medio ambiente.

A mostra estará composta por oito ilustracións, elaboradas polo debuxante Marcos García Rodríguez e protagonizadas pola familia Benfeito. Os Benfeito é unha ferramenta deseñada pola UCGAL para a difusión de mensaxes que desde a asociación, por si mesma ou en colaboración con outras entidades, se lle queren transmitir á sociedade, atendendo sempre á diversidade do público.

Este acto supón a estrea da exposición, que nos vindeiros meses continuará a súa xira por outras vilas da comunidade. Así mesmo, tamén se presentará o taller de consumo responsable co medio ambiente que se impartirá nesa mesma xornada pola tarde.

Te puede interesar