CONTACTA CON ELAS PARA ACLARAR A SITUACIÓN

Inditex retira das tendas 'Stradivarius' as camisetas con imaxes de 'bloggers' de moda

Foto: INDITEX
Inditex retirou das tendas da súa cadea 'Stradivarius' unha liña de camisetas con ilustracións de coñecidas 'bloggers' de moda, cos que se puxo tamén en contacto para aclarar a situación, xa que, ao parecer, estas non autorizaran a impresión das súas imaxes.
'As camisetas retiráronse do mercado, xa non están nas tendas, e estamos a intentar contactar coas bloggers para aclarar a situación', indicaron a Europa Press en fontes da compañía galega.

As mesmas fontes aclararon que o deseño desta liña de camisetas é dun provedor externo, co que tamén a compañía se puxo en contacto para confirmar se contaba coa licenza e a autorización oportuna para estampar a imaxe das 'bloggers' nas camisetas. 'Neste caso suponse que o tiña e estamos a falar tamén con el', sinalaron.

'Stradivarius', a cadea de Inditex dirixida ás mozas cun estilo informal e imaxinativo, conta cun total de 573 tendas en 42 países.

Te puede interesar