José González, veciño Vilar de Santos, festexou o seu 100 aniversario

O salón multiusos do consistorio de Vilar de Santos albergou onte o acto veciñal de recoñecemento a José González Revuelta, un veciño do concello que o pasado venres, 14 de marzo, cumpriu 100 anos. 

Amigos, veciños e familiares entre os que se atopaban os seus fillos, netos e bisnetos, quixeron acompañar a José González no acto público de recoñecemento organizado polo Concello. "Cumplir 100 anos é unha cifra redonda e, dende fai algúns anos, tratamos de homenaxear aos veciños que chegan a esa idade", explicou o alcalde, Xan Jardón, quen apuntou que "esto é indicativo que en Vilar de Santos a xente vive moitos anos".

Natural de San Vitoiro, José González dedicou a súa vida a traballar no campo e coidar da súa familia. A súa dedicación e bondade foron algúnhas das cualidades que destacou o seu bisneto maior, Aldo Fernández, no transcurso do acto que a partir das 12,30 horas se desenvolveu no concello. "É xeneroso, atento, bondadoso, unha das persoas máis marabillosas que coñezco", subliñou emocionado. Aldo Fernández foi o encargado de entregarlle ao seu bisavó unha placa conmemorativa do Concello e unha reprodución en facsímile da acta do seu nacemento. 

Te puede interesar