MONTERREI

Laza aproba o orzamento de 2019, que será de 1,9 millóns

20190518173411606_result
photo_camera Fachada principal del Consistorio de Laza, en la comarca de Monterrei.

É o máis elevado da súa historia e contén unha partida para investimentos de máis de 671.500 euros

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense vén de ratificar o orzamento co que o Concello de Laza xestionará o presente exercicio económico de 2018, e que ascende a 1.963.091 euros, sendo o máis elevado da súa historia. Na mesma liña, a Corporación local aprobou o estado de contas e a liquidación do anterior ano, da que resultou un superávit de 25.494 euros.

Segundo explicaron dende o Grupo de Goberno, dentro do orzamento municipal haberá unha importante cuantía que se adicará a investimentos directos e que acadará os 671.509 euros. Desta última cifra, Xunta e Deputación achegarán 566.124 euros e, pola súa banda, o Consistorio aportará 105.385 euros -o 15,37 por cento das inversións a realizar-.

O rexedor local, Ramón Barreal, destacou "a boa xestión económica do Concello" que permitiu acadar unha "débeda cero". Asimesmo, Barreal agradeceu o apoio das entidades provincial e autonómica no cen por cen dos investimentos a realizar.


Obras cofinanciadas


Grazas a esta cooperación económica, o Concello traballará no arranxo de camiños nos núcleos de poboación máis pequenos, así como a preparación dalgunhas prazas. Tamén se traballará no reforzo da traída de augas comezando por Arroucelos, onde se invertirán 44.335 euros para, posteriormente, acometer medidas contra a sequía coa axuda da Deputación. 

Por outra banda, consignarase unha partida de 28.812 euros para adquisición de novos terreos. "Teño ilusión dende hai tempo de adquirir os terreos xunto a área recreativa da Ribeira de Retorta e poder destinar as axudas da Rede Natura deste ano ao seu acondicionamento", explicou o rexedor de Laza, Ramón Barreal, quen recentemente ultimou a adquisición da finca dos "Bacallanas". 

Por outra banda, o orzamento municipal de Laza gardará outra importante partida para continuar traballando en favor dun maior aforro enerxético. Neste senso, hai presentado un proxecto ao Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía -IDAE- para renovar distintos alumeados e, a través da Consellería da Presidencia, renovaranse, por un valor de 34.000 euros, os de Tamicelas e O Santo. Protección Civil recibirá 162.000 euros e o Servizo de Axuda no fogar 238.940.

Te puede interesar