cultura

Un libro mostra a historia do comercio en fotografías

Julián Garriga, José Manuel Vázquez, Francisco Fumega, Manuel Blanco e José Luis Diz.
photo_camera Julián Garriga, José Manuel Vázquez, Francisco Fumega, Manuel Blanco e José Luis Diz.

Os exemplares repartiranse entre os veciños que aportaron fotografías, comerciantes, O Potiños e o concello.

A Asociación Fotográfica O Potiños presentou este venres o seu novo libro "O Carballiño, Industria e Comercio (1925-1995)", despois de máis de dous anos recopilando imaxes e información sobre a "memoria histórica" da vila, tal e como calificou o traballo o alcalde, Francisco Fumega. O Concello asumiu a edición de 1.000 exemplares, e tamén colaborou o Centro Comercial Aberto e o Instituto Chamoso Lamas, ao que os alumnos aportan un traballo de audiovisual sobre o comercio local.

Ao acto asistiron o presidente da Asociación Fotográfica O Potiños, Manuel Blanco; o directivo desta entidade José Luis Diz; o presidente do Centro Comercial Aberto, Julián Garriga, e o director do

Instituto Chamoso Lamas, José Manuel Vázquez. O libro consta de 127 páxinas que conteñen fotografías e anuncios do período comprendido entre 1925 e 1995, e incluso algúns grabados de finais do século XIX.

Os exemplares repartiranse entre os veciños que aportaron fotografías, comerciantes, O Potiños e o concello.

Te puede interesar